viernes, 12 de febrero de 2016

Hora de ler: día da Paz

Aproveitamos ésta data conmemorativa para ler poesía, xa que é un xénero que non soemos propoñer nas nosas lecturas.
Fixemos unha pequena escolma de poemas de diversos autores (Rafael Alberti, Antonio Machado, Gloria Fuertes, Ángela Figuera, John Lennon, Celso Emilio Ferreiro, X Mª Díaz Castro, Marica Campo e Carlos Negro) que tratan desta temática: a paz, as guerras, os conflitos de todo tipo, dende os máis xenéricos ata problemas concretos.

Logo da lectura, cada alumno/a recibiu un post-it no cal escribiu o seu "chío" sobre a #PAZ #nonáguerra, cos seus pensamentos ou desexos.
Logo os pegamos polas portas das diferentes aulas do centro, así como no panel da biblioteca coa axuda de dúas voluntariosas rapazas que quixeron colaborar con nós.

lunes, 28 de diciembre de 2015

Recomenda un libro polo Nadal

Eva Pazos de Slidely by Slidely Slideshow

martes, 8 de diciembre de 2015

EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Actividade realizada en coordinación co Club de Lectura: FAROLENDO.
Queremos expresar o noso agradecemento aos rapaces e rapazas que participaron na lectura dos textos, superando a vergonza da cámara e do micro; son os seguintes:
Damián Martínez Dorado (1ºB). “Salir corriendo”, de Amaral
Pablo Campos Padín (1ºA). “Sextina das mulleres mortas, de Maria Campo
Zaira Iglesias Pena (1ºA). “Acta de derechos de la mujer maltratada”
Wisam Alioua Yasser (1ºA). “Non é amor”, de Marta Dacosta
Adrián Méndez Santos (2ºB). “Lo que Ana ve”, de Revólver
Leo Díaz Quintanilla (1ºA). “O deseño das mans”, de Helena Villar
Sandra Oubiña Barreiro (1ºB). Poema de Rosalía de Castro e “Acta de derechos de la mujer”

lunes, 16 de noviembre de 2015

Maleta viaxeira


Nesta semana teremos que devolver a maleta viaxeira de cómics. Si, certo, un mes que pasou voado de todo...

Recordade! aínda estades a tempo de botarlle un ollo e seleccionar algún título para ler nun recreo (dos breves, iso si), para acabar o que estades lendo ou propoñer que merquemos para a nosa biblio aqueles que resulten máis interesantes.





Videoconferencia do día da ciencia en galego

O pasado 4 de novembro, como xa ven sendo habitual participamos na VI Videoconferencia do día da ciencia en galego.
É unha actividade coordinada conxuntamente co equipo de Normalización lingüística, que como cada ano nos dan ánimos para continuar con ésta actividade, o cal lles agradecemos dende aquí.
A temática deste ano foi ben interesante, "A máquina que constrúe a mente e a relaidade", que non é, nin máis nin menos, que os nosos cerebros, eses órganos encargados de transpoñer os nosos pensamentos e ideas en outros cerebros, as veces nin próximos físicamente.
O relator foi Xurxo Mariño, bioólogo de formación e profesor do departamento de Madicina na universidade da Coruña. Na nosa biblioteca, podedes ler e consultar un dos seus traballos, Po de estrelas (5/MAR/pod), un texto de divulgación científica que aborda temas tan interesantes como o nacemento dunha estrela, formigas que constrúen tranpas, a coevolución de morcegos e bolboretas ou a importancia dos microorganismos na Terra, entre moitas outras historias interesantes.

Aquí podedes ver algunha imaxe do momento:



Samaín na Biblio

Concurso de cabazas e contacontos de medo
...

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Formación de Usuarios 1º ESO

Como cada curso, os novos alumnos de 1º ESO que se incorporan ó noso centro reciben a formación sobre o funcionamento e uso da nosa biblioteca.
A actividade divídese en dúas sesións para cada aula. Na primeira delas explícase cómo está organizada a biblioteca, cales son as súas funcións e como se organiza o seu funcionamento. Na segunda sesión as alumnas e alumnos participan por equipos nun xogo de pistas de dez probas de diverso tipo: localizar un libro, devolver outro o seu andel, localizar unha revista, etc
Os equipos que completan a proba (todos) reciben de agasallo un marcapáxinas e un pin da biblioteca.
Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade:

...