jueves, 20 de diciembre de 2012

Neste tríptico recomendámosvos algunhas lecturas para o voso tempo de lecer no nadal. Boas Festas a Todos

martes, 18 de diciembre de 2012

Dende a Biblioteca queremos recomendarvos algunhas lecturas para o voso tempo de lecer neste Nadal. Boas Festas a todos e todas... e boas lecturas tamén

En Castelán
  • El Hobbit. J.R.Tolkien.
  • El Señor de los Anillos. La comunidad del anillo, Las dos torres, El retorno del rey. J.R.Tolkien.
  • El tiempo entre costuras. María Dueñas. TH Novela
  • El niño con el pijama de rayas. J.Boyne. Ed. Sala-mandra
  • El guardián entre el  centeno. J.D.Salinger. Alianza Editorial
  • Crónica de una muerte anunciada. Gabriel García Márquez. Debolsillo
  • Muerte en el Priorato. T.M.de Lezea. Ed. Alfaguara
  • Viernes 13 y otras historias inquietantes. R.M.Colom. Ed. Algar
  • Ivanhoe. W Scott. Ed. Edebe
  • El Lazarillo de Tormes. VVAA. Ed. Bruño
  • Asesinatos. J.London. Alianza Editorial.
En Galego
  • Páxinas de Carricanta. A.M. Fernández. Ed. Everest
  • Achados do Castro. M. Núñez Singala. Ed. Galaxia
  • Irmán do vento. M. Lourenzo González. Ed. Everest
  • ¡Asústate, Merche!. F.Casalderrey. Ed. Everest
  • Os donos do paraíso. A.Martín. Ed. Rodeira
En Inglés
  • Treasure Island. Ed. Richmond Readers
  • Madame Doubtfire Ed. Burlington
  • The Mystery of the Tomb. Ed. Burlington
  • Titanic. Ed. Richmond Readers
En Francés
  • À París. Boutégège et Longo. Ed. VicensVives


lunes, 17 de diciembre de 2012

sábado, 1 de diciembre de 2012

Día mundial da loita contra a SIDA: 1 de decembro

O día 1 de decembro conmemoramos o Día da Loita contra a SIDA co eslogan: + INFORMACION= - CONTAXIOS. Membros da Cruz Vermella achegáronse ao centro o día 3 para realizar labores de información (graicas a todas elas), e dende a Biblioteca sumámonos a esta iniciativa, conxuntamente co Departamento de Orientación con folletos , àneis e obradoiros informativos.
 


jueves, 22 de noviembre de 2012

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

De novo estamos a celebrar este día, que esperamos un día deixemos de conmemorar. Pero, por agora, tócanos máis que celebrar ou conmemorar denunciar estas actitudes que por desgracia, moitas veces, levan á morte.
O luns, proxectarmos no hall do ies curtametraxe «Amores que matan» realizado por Icíar Bollaín, no ano 2000.

Educación documental dixital

Formar parte da gran familia do PLAMBE, fai que podamos ter acceso ao traballo que se está a levar a cabo noutros centros e así enriquecernos do seu saber facer. Dende a biblioteca Calixtina do Ies Pedras Rubias, chéganos este magnífico "Caderno de bitácora" que vos axudará, sen dúbida, a realizar buscas na REde, a atopar páxinas de calidade...En definitva a formarvos na alfabetización dixital. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

miércoles, 24 de octubre de 2012

24 de Outubro: día das bibliotecas escolares

Coma cada ano,  invitámovos a que lle botedes unha ollada ás normas de uso da nosa biblio.

Guia de Usuario 2012

lunes, 1 de octubre de 2012

De novo abrimos as nosas portas


Hora de ler

Eliximos dúas frases de Pedro Salinas que veñen a xustificar o porqué da nosa hora de ler.

"Educar para ler e ler para educar"
 
"Cando das chamadas artes liberais se trata, que tarefa máis insigne hai para educación que ensinar a ler ben?"
 

jueves, 22 de marzo de 2012

22 de marzo: Día mundial da auga.

 Baixo o lema ·O mundo ten sede porque temos fame". Por un consumo responsable propoñémovos este video sobre a reutilización e sustentabilidade.

viernes, 16 de marzo de 2012

PEPA

Grazas a Begoña de Blogfesquio, chéganos este magnífico mural dixital.

jueves, 8 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012