PDI: "Buscando a Valle en Vilanova"

CURSO 2016/2017

Durante este curso 2016/2017 no IES Faro das Lúas, levamos a cabo o Proxecto Documental Integrado "Buscando a Valle en Vilanova"

A continuación podedes atopar as ligazóns as páxinas web do proxecto:

Páxina principal en castelán

Páxina principal en galego

Páxina principal en francés

Páxina principal en inglés




Durante este curso 2015/2016 no IES Faro das Lúas, levamos a cabo o Proxecto Documental Integrado "Buscando a Valle en Vilanova"

Todos os cursos e todo o alumnado participaron no mesmo, en colaboración co profesorado de numerosos Departamentos: Ciencias Sociais, Matemáticas, Tecnoloxía, Informática, Lingua Galega , Plástica e Educación Física. O produto final a elaborar, en conxunto por todos o alumnado e departamentos foi un roteiro turístico pola vila, relacionado con Valle-Inclán e plasmado nun tríptico, que será cedido ó Concello de Vilanova para utilizalo con fins turísticos.

O noso proxecto xurdiu con motivo da conmemoración do 150 Aniversario do nacemento de Valle-Inclán, o autor máis célebre de Vilanova de Arousa.

PRODUTO FINAL TRÍPTICO (4º ESO MAQUETACIÓN)



PRODUTO FINAL PERCORRIDO COS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA:

Os alumnos de 4º PDC logo de establecer o mapa dixital, fixeron unha reducción do número de puntos do mesmo para poder facer o recorrido en versión resumida co alumnado de 6º de primaria adscrito ó centro. Ademáis reordenaron os puntos en de seis formas diferentes, para que cada grupo de alumnos fixera a pequena "gimkana" nunha orde diferente. E crearon un documento que inclúe o mapa e a información dos puntos sen identificar. A actividade consistiu en que os novos alumnos do vindeiro curso, divididos en grupos e acompañados de alumnos de 2º ESO (que actuaban como guías e fotógrafos durante o roteiro), tiñan que facer o roteiro buscando os puntos na orde marcada con axuda do plano. Ó chegar a cada un dos puntos tiñan que localizar e emparellalo coa información que o identifica. 
Foi unha actividade lúdica que resultou motivadora e divertida para todos os rapaces e rapazas implicados.
Ademáis visualizaron o vídeo grabado polos alumnos de teatro en localizacións complementarias da vida de Valle-Inclán fóra do casco histórico de Vilanova.

PRODUTO FINAL DEBUXOS (3º ESO)




PRODUTO FINAL: PRESENTACIÓN VILANOVA EN CIFRAS (3º ESO)



FESTA FIN DE CURSO: OBRA DE TEATRO E VÍDEO


PRODUTO FINAL: MAPA ROTEIRO VIRTUAL

Coa información resumida e o plano definitivo en papel, os alumnos de 4º PDC, na materia de ámbito científico, converteronno a formato dixital incorporando o roteiro a Google Maps, Cada alumno foi responsable de incorporar un dos puntos e completalo coa información resumida (elaborada por 2º ESO) e imaxes ilustrativas (realizadas por alumnado de 3º ESO, as cales foron redimensionadas por alumnado de 1º ESO). Este mapa dixital e interactivo permite facer a visita de xeito virtual dende calquer parte do mundo. Ademáis serviu como base para elaborar a pequena "gimkana" para dar a coñecer o roteiro ó alumnado de 6º de primaria adscrito acompañados e axudados polos alumnos de 2º ESO.



OS COMEZOS:
O primeiro produto foi elaborado polos alumnos de 1º ESO en Ciencias Sociais. Buscaron as rúas relacionadas con Valle-Inclán polo casco histórico de Vilanova así como outros puntos de interese turístico. Organizaron estes puntos e estableceron un posible roteiro que pasa por todos os puntos. Ademáis buscaron información breve e resumida sobre cada un dos puntos do roteiro.

A partir deste primeiro plano os alumnos de 2º e 3º ESO coa profesora de Educación Física fixeron o percorrido proposto, calculando a distancia do roteiro e tempo necesario para realizalo. Fixeron as modificacións oportunas para que os puntos quedasen organizados do mellor xeito. Tamén fixeron fotografías para ilustralo.


Os alumnos de 2º de ESO foron os encargados de xerar os pequenos textos definitivos con información de cada un dos puntos do roteiro, que logo foron incorporados ó tríptico.

Os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC foron os encargados de buscar información ampliada de cada un dos puntos para completar un pequeno dossier que servirá para facer unha visita ampliada, como parte dos contidos curriculares de Lingua Castelá e Lingua Galega.

No hay comentarios: