miércoles, 27 de febrero de 2019

Regueifando


O martes 19 de febreiro o alumnado de 2º ESO asistiu na biblioteca á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza e impartida polo coñecido regueifeiro Pinto de Herbón. Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas, o alumnado púxose mans á obra e compuxo as súas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.



jueves, 14 de febrero de 2019

RESEÑA: CONTOS POR PALABRAS

RESEÑA LITERARIA:  CONTOS POR PALABRAS

  • Título: Contos por palabras
  • Autor: Agustín Fernández Paz
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Merlín
  • Gañou o premio Lazarillo 1990.
  • Estivo na lista de honra do Ibby (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) entre 1990 e1992.

Neste libro cóntanse moitas historias: cada capítulo é unha historia distinta. Unha delas fala do mago Mefisto, outra vai dun home araña que limpa cristais, noutra aparece un vampiro..., e así todos os capítulos.

A min gustoume bastante o libro porque vai contando historias distintas. Non lle cambiaría nada, gústame tal e como está.






Daniel Vázquez Durán (2ºB)