miércoles, 31 de mayo de 2023

A culpa, de María Solar, no Club de Lectura de Adultos

Grazas á proposta dun dos integrantes do Club de Lectura de Adultos, o profesor de Relixión, Jose Antonio Grela Martínez, nesta segunda lectura mergullámonos en A culpa, de María Solar, Premio Xerais 2022. En colaboración co Club de Lectura do IES de A Illa de Arousa tentamos que nos acompañara a escritora, mais debido a súa complicada axenda, non puido ser. Porén, na nosa reunión deste martes 30 de Maio comentamos todos os sentimentos que nos fixo aflorar a lectura a docentes, persoal non docente e familias pertencentes ao noso Club:

sábado, 27 de mayo de 2023

Unha nova visión do bilingüismo no Club de Lectura de 2º da ESO

Sira e o robot: adventures on Titan é un libro ambientado na Galicia de 2050 no que o inglés acaba de ser declarado lungua oficial xunto co galego. Ninguén mellor que a súa profesora de Lingua Inglesa, Ana Cruz Castro Mouriño, para traballar con eles este texto bilingüe así como o CD no que escoitaron tanto a narración como as cancións.

O rapaz do vestido

Propuxémoslle ao noso alumnado participante do Club de Lectura de 1º da ESO a lectura da novela O rapaz do vestido. Na reunión respectiva no espazo de biblioteca escoitamos reflexións do mais interesante. Tan entretidos estabamos que ata se nos esqueceu facer fotos do momento...

viernes, 26 de mayo de 2023

Gatos e ratos cóanse no noso Club de Lectura

A novela de banda deseñada Maus en galego de Rinoceronte editora foi a seguinte lectura escollida pola nosa coordinadora do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO. E ninguén mellor que a súa profesora de Xeografía e Historia para traballar esta lectura con eles hoxe, venres 26 de Maio:

Wolfram nos nosos clubs de Lectura de 3º e 4º ESO

A nosa rapazada de 3º e 4º da ESO que participa no Club de Lectura compartiron coa súa profesora de Xeografía e Historia a narración sobre as minas de Wolframiode Galicia e o seu papel nas Guerras... Saíron cousas moi interesantes:

Xornada de Convivencia dos Clubs de 1º e 2º da ESO

O alumnado dos clubs de lectura de 1º e 2º da ESO desfrutou no día previo á celebración do Día das Letras Galegas dunha xornada diversa onde puideron coñecer o funcionamento dunha fábrica no porto de Marín (resultado final da participación no programa "Atrévete"), gozar dunha xornada de convivencia na praia de Mogor e descubrir as moitas actividades que teñen na Escola de Arte de Vilanova "Caliveras" (esta última actividade en conxunto co alumnado do club de lectura de 3º e 4º). Foi unha xornada marabillosa que seguro que se repite para ano con máis lecturas, máis saídas e máis plans de coñecemento cultural e global!

jueves, 25 de mayo de 2023

Letras Galegas

Maio foi un mes complicado cheo de exames para o noso alumnado, aínda así, para festexar o Día das Letras Galegas adicado a Francisco Fernández del Riego realizaron unha serie de traballos da man da súa profesora de Lingua e Literatura Galegas, Raquel Parada Fernández, que quedaron expostos nos diferentes corredores:

viernes, 12 de mayo de 2023

Podcast de "Sonríe!"

Tras a reunión no espazo de biblioteca, a nosa rapazada de 2º da ESO do Club de Lectura traballo na Radio Escolar realizando un posdcast da lectura de ¡Sonríe!:

lunes, 1 de mayo de 2023

23 de Abil, Día do Libro

Ademais do concurso literario realizado no espazo de Biblioteca, o noso Equipo de Dinamización Lingüística deixou estes traballos dos rapaces expostos no seu taboleiro. Mirade que de frases de ou relacionadas con infinidade de libros: