miércoles, 4 de diciembre de 2019

Opinións sobre a hora de lectura en 2º, 3º e 4º






HORA DE LER

Despois do período de lectura deste primeiro trimestre, todo o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO deberá deixar nesta entrada do blogue a súa opinión sobre os libros que leu. 

Para iso, deixamos os pasos que tedes que seguir para comentar:

1º- Imos á páxina web do centro e buscamos o enlace do blogue da biblioteca (mira a fotografía):



2º. Poñemos o nome e apelidos, xunto co curso. Logo, realizamos o noso comentario.

3º. Dámoslle a enviar. Pediranos un correo. Poñemos a nosa conta, xunto co contrasinal, e xa queda publicado.

4º. Cerramos sesión e saímos da páxina. Logo, accedemos outra vez ao blogue e miramos se está publicado o noso comentario.

Grazas pola vosa colaboración.


viernes, 29 de noviembre de 2019

Charlas sobre a Violencia de Xénero



Esta semana dedicada á Violencia de Xénero tamén tivemos unha charla, por parte da Concellería de Igualdade de Vilanova de Arousa, na que os nosos alumnos e alumnas puideron preguntar todas as dúbidas que tiñan, respecto a este tema, e concienciarse do importante que é a igualdade.



Representación de El sí de las niñas, de Leandro Fernández de Moratín



Rematamos a semana contra a violencia de xénero cunha obra de teatro, El sí de las niñas de Leandro Fernández de Moratín. Nela reivindícanse os dereitos da muller a elixir e a decidir libremente. Dirixidos polo profesor de Lingua Castelá e Literatura Manuel Radío, Laura, Zaida, Lara, David e Santiago, de 4º ESO, fixeron as delicias de todo o alumnado coas súas interpretacións. Velaí un resumo da obra:





jueves, 28 de noviembre de 2019

Nota de prensa sobre a nosa posta en marcha da Porta Violeta


O I.E.S. Faro das Lúas saíu na prensa pola súa iniciativa sobre a 'Porta Violeta' coa que se quere representar a esperanza, a nova vida, outra saída, despois de tanto horror. Isto conseguiuse grazas á colaboración do noso profesorado, alumnado, o equipo directivo e o departamento de Orientación, grazas á Comisión de Igualdade.

Moitas grazas a todas/os! 




lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25-N


Este luns, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o noso centro levou a cabo actos conmemorativos e de homenaxe hacia as mulleres vítimas da violencia machista. Recollemos as principais accións neste vídeo. Ogallá que nunca máis fose necesaria esta reivindicación. 



viernes, 22 de noviembre de 2019

Preparación de lazos violetas para o Día da Violencia de Xénero



Hoxe, as/os nosas/os alumnas/os colaboraron para a creación de lazos violetas para repartilos o día 25 de novembro e conmemorar o Día da Violencia de Xénero. Non queremos que ninguén se quede sen elas.

A súa implicación está a ser de grande responsabilidade. Querémonos vivas!


miércoles, 30 de octubre de 2019

Visita á casa de Ramón María del Valle-Inclán



O noso alumnado de 4ºESO, acompañado do seu profesor de Lingua Catelá e Literatura Manuel Radío, achegouse o pasado 25 de outubro ata a Casa- Museo de Valle Inclán para conmemorar a data do seu nacemento. Xuntos participaron nunha lectura compartida dalgúns dos seus inmortais textos.


lunes, 17 de junio de 2019

Faro das lendas

 Este curso o noso PDI traballou as lendas da comarca. Entre outros produtos, o alumnado de 1º ESO elaborou coa axuda do profesor de Educación Plástica e Visual estes estupendos libros-comic para ilustralas. Podedes velos na biblioteca. Animádevos!






jueves, 6 de junio de 2019

Promovendo hábitos saudables.



O alumnado de 2º ESO presentou na biblio os seus traballos da materia de Promoción de Hábitos de Vida Saudable ante a atenta mirada dos compañeiros/as de 1º ESO.





miércoles, 5 de junio de 2019

Día do medio ambiente

Os departamentos de Francés e Inglés traballaron co alumnado de 3º ESO Bilingüe e 4º ESO de francés elaborando unha serie de produtos para concienciar da problemática medioambiental. Aquí tedes unha mostra.


martes, 4 de junio de 2019

Concurso de relato curto da FANPA

De novo este curso participamos no Concurso de relato curto da FANPA e unha das nosas alumnas foi distinguida como finalista destacada. Parabéns Ainara!!!




jueves, 30 de mayo de 2019

Concurso Manga

Un novo concurso para poñer a proba a creatividade do alumnado do IES, pero esta vez debuxando, e nada menos ca un cómic manga!


E aquí tedes o cómic gañador, que deixa o listón ben alto!!!

Adiviñas

Que cousa cousiña é? Este concurso de adiviñas proposto polo EDLG en colaboración ca biblioteca resultou do máis animado. Éche un bo xeito de traballar a comprensión lectora, o razoamento lóxico e a imaxinación, non vos parece?


jueves, 16 de mayo de 2019

Ensaiando na biblioteca




Aquí tedes ó grupo de reforzo de lingua galega de 1º ESO dando os deus primeiros pasos coma actores na biblio, un lugar de encontro para todos.

A obra representouse o Día das Letras Galegas e obtivo o merecido recoñecemento de todos.



miércoles, 8 de mayo de 2019

Reseña: Caperucita en Manhattan

Caperucita en Manhattan


Carmen Martín Gaite.


Editorial Siruela.


Comecei a ler esta novela porque era o libro obrigatorio de castelán, mais nunca pensei que me ía gustar tanto, xa que por riba era ‘antigo’, do ano 1990. Non obstante, acabou encantándome.


O que máis me agradou foi a propia intención da historia. Nela a nena protagonista, moi semellante a Carapuchiña Vermella, buscaba a liberdade e unha vida fóra do normal. Algunhas partes da historia transmiten unha mensaxe  feminista e parece que intenta ‘educar’ nestes aspectos ao público ao que vai dirixido: á xuventude.


Quizais influíu no feito de que me encantara a insistencia por parte dos nosos maiores en que aprendamos a respectarnos sen ter en conta a diferenza  de xénero, raza, etc, deixándonos claro que todos temos dereito a ser libres. O libro céntrase nisto. O resultado é unha historia fantástica que lles recomendaría aos meus amigos e a todos os lectores.


Comentario de Ainara Villanueva Núñez

martes, 30 de abril de 2019

Manuel Gago

"Como Roma chegou a Gallaecia: A descuberta dunha guerra oculta". Baixo este título presentou Manuel Gago a súa charla ao alumnado de 4º ESO. Resultou verdadeiramente interesante e axudoulles non só a ver a historia como unha ciencia en continuo cambio e avance, senón tamén a recoñecer a influencia do pasado nos nosos costumes, toponimia, tradicións e como  unha herdanza a respectar.


viernes, 29 de marzo de 2019

Manuel Núñez Singala

O escritor Núñez Singala veu visitarnos no mes de marzo para compartir co alumnado de terceiro interesantes datos sobre o naufraxio do Santa Isabel. Esta presentación aportoulles unha nova perspectiva sobre o libro Noite de Temporal, co que eles estiveran traballando no segundo trimestre.

jueves, 21 de marzo de 2019

Día da poesía: 21 de marzo

Quen se anima a recitar?  Esa foi a proposta do Departamento de Lingua Galega para celebrar o día da poesía na biblioteca. Un grupiño de alumnos/as animouse a recitar diante dos compañeiros no recreo. Pero non quedou aí a cousa, senón que logo algún deles presentouse ao concurso de recitado “Rosalía sempre viva” en Lugo.





  


jueves, 14 de marzo de 2019

Reseña: HUSH HUSH



HUSH HUSH

  • A autora é Becca Fitzpatrick.
  • Foi publicado no ano 2009.
  • Trátase do primeiro volume dunha saga composta por varios libros máis.
  • A editorial é Ediciones B.
  • Este libro foi exitoso, xa que lle gustou ao 97% das persoas que o leron.
  • A partir del vaise rodar unha película que será estreada probablemente no ano 2020.
  • Xéneros: Literatura xuvenil, literatura fantástica, novela rosa.

    Esta historia trata dunha rapaza chamada Nora que vive coa súa nai nunha granxa, afastada dos seus veciños. Todo era normal na súa vida ata que coñeceu a Pach, un rapaz moi peculiar. Ó longo da historia, Nora non sabe en quen confiar e pasarán cousas emocionantes. A protagonista empezará a ter interese por este rapaz e intentará coñecelo mellor.

    Esta novela encantoume, xa que me transmitiu intriga, emoción, sorpresa... Ademais, fíxome rir pola forma na cal Pach fala con Nora e enganchábame a lectura.
    Gustáronme as características que a autora lle deu a cada personaxe. Os meus favoritos son Nora e Pach.
    Eu recomendaríallo a todos. É un dos meus libros favoritos. Gustoume a un 100%.



















Nahir Torrado Gil, 2ºB

viernes, 8 de marzo de 2019

8 de marzo: Día da muller




Varias iniciativas confluíron para facer fincapé na importancia deste día:
  • O Departamento de Tecnoloxía levou a cabo unha actividade cos colexios da zona. Os maiores elaboraron presentacións e vídeos con datos moi interesantes sobre a situación laboral das mulleres e visitaron os colexios para expoñela e compartila cos máis novos e estes últimos aportaron as súas ilustracións.











  • Elaboráronse diferentes murais nos que se pretendía non só amosar figuras femininas que destacaron ó longo da historia nos eidos considerados tradicionalmente masculinos, senón tamén animar ás rapazas a loitar para conseguir as súas aspiracións:
    - 2ºA: "Mulleres científicas"
    - 4ª: "Las Sin Sombrero"
    - Equipo de alumnos/as de biblioteca: "Se elas puideron, ti tamén"


jueves, 7 de marzo de 2019

Entroido nas aulas

Ante a boa acollida da proposta no curso anterior, de novo decidimos celebrar o entroido disfrazando as aulas. Cada grupo tiña que escoller unha temática e recreala da forma máis orixinal e creativa posible. E vaia se saíron propostas creativas! Queredes saber cales? Bótade unha ollada ao seguinte vídeo.



miércoles, 27 de febrero de 2019

Regueifando


O martes 19 de febreiro o alumnado de 2º ESO asistiu na biblioteca á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza e impartida polo coñecido regueifeiro Pinto de Herbón. Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas, o alumnado púxose mans á obra e compuxo as súas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.



jueves, 14 de febrero de 2019

RESEÑA: CONTOS POR PALABRAS

RESEÑA LITERARIA:  CONTOS POR PALABRAS

  • Título: Contos por palabras
  • Autor: Agustín Fernández Paz
  • Editorial: Xerais
  • Colección: Merlín
  • Gañou o premio Lazarillo 1990.
  • Estivo na lista de honra do Ibby (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) entre 1990 e1992.

Neste libro cóntanse moitas historias: cada capítulo é unha historia distinta. Unha delas fala do mago Mefisto, outra vai dun home araña que limpa cristais, noutra aparece un vampiro..., e así todos os capítulos.

A min gustoume bastante o libro porque vai contando historias distintas. Non lle cambiaría nada, gústame tal e como está.






Daniel Vázquez Durán (2ºB)

miércoles, 30 de enero de 2019

1000 grúas para a PAZ

Para conmemorar o Día da Paz propuxemos o reto das mil grúas.
A técnica de armar figuras de papel é unha tradición xaponesa milenaria e denomínase "origami".
Puxémonos mans á obra e logramos as 1000 grúas de origami para honrar a memoria de Sadako e enfatizar así o noso labor como continuadores desta marabillosa tradición.





Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grúas de papel recibirá un desexo de parte dunha grúa, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade.
As mil grúas de origami  convertéronse en símbolo de paz en Xapón, debido á historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica (leucemia) construíndo mil figuras.

O conto da escritora arxentina Elsa Bornemann, "Mil grullas", trata do mesmo tema: Naomi Watanabe e Toshiro Ueda son dúas adolescentes de Hiroshima e atópanse visitando os seus avós na aldea de Miyashima cando cae a bomba. Localízase a Naomi nun hospital tratando de facer figuras. Toshiro completa as mil e  entrégallas á rapaza, mais ela morre ao día siguinte. Trinta e un anos despois, Toshiro fai 42, casa, ten tres fillos e é xerente dunha sucursal dun banco en Londres. Serio e pouco comunicativo, máis a pesar de todo sempre se pode atopar un par de grúas de origami sobre o seu escritorio. Cumprindo así o desexo de Naomi de que nunca a esquecera.