lunes, 16 de noviembre de 2015

Maleta viaxeira


Nesta semana teremos que devolver a maleta viaxeira de cómics. Si, certo, un mes que pasou voado de todo...

Recordade! aínda estades a tempo de botarlle un ollo e seleccionar algún título para ler nun recreo (dos breves, iso si), para acabar o que estades lendo ou propoñer que merquemos para a nosa biblio aqueles que resulten máis interesantes.





Videoconferencia do día da ciencia en galego

O pasado 4 de novembro, como xa ven sendo habitual participamos na VI Videoconferencia do día da ciencia en galego.
É unha actividade coordinada conxuntamente co equipo de Normalización lingüística, que como cada ano nos dan ánimos para continuar con ésta actividade, o cal lles agradecemos dende aquí.
A temática deste ano foi ben interesante, "A máquina que constrúe a mente e a relaidade", que non é, nin máis nin menos, que os nosos cerebros, eses órganos encargados de transpoñer os nosos pensamentos e ideas en outros cerebros, as veces nin próximos físicamente.
O relator foi Xurxo Mariño, bioólogo de formación e profesor do departamento de Madicina na universidade da Coruña. Na nosa biblioteca, podedes ler e consultar un dos seus traballos, Po de estrelas (5/MAR/pod), un texto de divulgación científica que aborda temas tan interesantes como o nacemento dunha estrela, formigas que constrúen tranpas, a coevolución de morcegos e bolboretas ou a importancia dos microorganismos na Terra, entre moitas outras historias interesantes.

Aquí podedes ver algunha imaxe do momento:



Samaín na Biblio

Concurso de cabazas e contacontos de medo
...

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Formación de Usuarios 1º ESO

Como cada curso, os novos alumnos de 1º ESO que se incorporan ó noso centro reciben a formación sobre o funcionamento e uso da nosa biblioteca.
A actividade divídese en dúas sesións para cada aula. Na primeira delas explícase cómo está organizada a biblioteca, cales son as súas funcións e como se organiza o seu funcionamento. Na segunda sesión as alumnas e alumnos participan por equipos nun xogo de pistas de dez probas de diverso tipo: localizar un libro, devolver outro o seu andel, localizar unha revista, etc
Os equipos que completan a proba (todos) reciben de agasallo un marcapáxinas e un pin da biblioteca.
Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade:

...