jueves, 22 de noviembre de 2012

25 de novembro: Día contra a violencia de xénero

De novo estamos a celebrar este día, que esperamos un día deixemos de conmemorar. Pero, por agora, tócanos máis que celebrar ou conmemorar denunciar estas actitudes que por desgracia, moitas veces, levan á morte.
O luns, proxectarmos no hall do ies curtametraxe «Amores que matan» realizado por Icíar Bollaín, no ano 2000.

Educación documental dixital

Formar parte da gran familia do PLAMBE, fai que podamos ter acceso ao traballo que se está a levar a cabo noutros centros e así enriquecernos do seu saber facer. Dende a biblioteca Calixtina do Ies Pedras Rubias, chéganos este magnífico "Caderno de bitácora" que vos axudará, sen dúbida, a realizar buscas na REde, a atopar páxinas de calidade...En definitva a formarvos na alfabetización dixital. 

jueves, 8 de noviembre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación

As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia