miércoles, 31 de octubre de 2018

Concurso de relatos de terror

Quen anda aí? Baixo este lema os alumnos/as do IES participaron no concurso de relatos de terror de Samaín. Os gañadores, ademais dos puntos para a viaxe, puideron ler os seus terroríficos relatos nas aulas durante a “Hora de ler”






domingo, 28 de octubre de 2018

Zona Maker

E aquí temos un novo recuncho para desenvolver a nosa creatividade: "Zona Maker". Se vos gusta deseñar e traballar coas novas tecnoloxías, este é o voso espazo.

Equipo de biblioteca

Dámoslle a benvida neste curso ás voluntarias e voluntarios do Equipo de Biblioteca do alumnado!

miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das bibliotecas escolares

Aproveitando a celebración do día da bibliotecas escolares, o alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pista no que tuveron que demostrar a súa axilidade como usuarios da mesma.



jueves, 18 de octubre de 2018

Visita ao xacemento de Cálago



ESCOLARES DE VILANOVA VISITAN O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DO CASTRO DE CÁLAGO

O Castro de Cálago recibe visitas dos alumnos dos centros educativos de Vilanova de Arousa.
Os alumnos de terceiro da ESO do IES Faro das Lúas puideron ver esta mañá ás excavacións arqueolóxicas que se están realizando no Castro e mañá será o turno dos nenos do CEIP de Tremoedo.
Ademáis, o concello organiza una visita guiada o vindeiro domingo 21 de outubro as 12:00 horas para coñecer a historia do Castro e o Mosteiro de Cálago.
Nos últimos días destapouse unha vivenda no lado norte da muralla do castro.
A planta da vivenda, que está completamente visible, ten un diámetro de 6.30 metros, e conservase o que parece que ser a cimentación do muro.
Tamén se atoparon restos de pallabarro, arxila pouco cocida, que recubría con elementos vexetais o exterior da vivenda, illándoa das temperaturas extremas.
Dende este punto, os habitantes da vivenda podían divisar a ría de Arousa ata Catoira e todo o val das Sinas e Vilanova.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Recursos Meiga

Reseña: A BALADA DOS UNICORNIOS

A BALADA DOS UNICORNIOS

AUTORA: LEDICIA COSTAS                                                                                                              
EDITORIAL: XERAIS                                                                                                             


A historia trata dunha rapaza que ten por nome Ágata
que emprende unha viaxe moi difícil  e a contrarreloxo
para salvar ao seu amigo León. A tía dela secuestrárao          
para absorberlle a súa maxia.

O libro gustoume moito en xeral pero hai catro personaxes
que merecen unha especial mención xa que a min me
marcaron  moito. Un deles é a propia Ágata, unha nena
soñadora, imaxinativa, loitadora... En resumo unha nena
digna de admirar.
Outro dos que máis me gustou foi a raíña Wendy porque
ela demóstranos que aínda que pensemos que estamos
sós nunha loita sempre vai a haber alguén velando por nós. Tamén me encantou o avó de Ágata polo moito que se sacrificou pola súa neta. Pola contra, un personaxe que non me gustou pero que merece ser mencionado é o de Cornelia, a avoa de Ágata. É un personaxe egoísta e  rancoroso, capaz de arrincarlle os ollos á súa neta sendo un bebé.

Recomendaríalle este libro a todo o mundo porque é moi imaxinativo e divertido, cheo  de escenas marabillosas.


RESEÑA FEITA POR: LAURA CORES VIÑAS 1º A