jueves, 22 de junio de 2023

"A Culpa" exemplar asinado por María Solar

A pesar de que finalmente María Solar non puido estar connosco no Club de Lectura de Adultos, a nosa profesora Ana Cruz Castro Mouriño achegouse á Feira de Libros de Vilagarcía de Arousa onde, o sábado 17 de Xuño, estivo María Solar nunha mesa redonda e onde a nosa profesora aproveitou para que nos asinara un exemplar dos nosos libros de A Culpa de Biblioteca. Mirade que dedicatoria máis especial:

miércoles, 21 de junio de 2023

UNHA FESTA PARA DESPEDIR OS NOSOS CLUBS:

Hoxe, venres 16 de Xuño, desde o Equipo de Biblioteca desexamos despedir xunto aos nosos participantes outro ano de Club de Lectura. Deste xeito decidimos realizar unha festa con merenda para as/os nosas/os rapazas/rapaces neste últimos días de curso: MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR NOS CLUBS DE LECTURA!!!

martes, 20 de junio de 2023

O DESTINO DE KAMEKO NO CLUB DE LECTURA DE 2º DA ESO

Os participantes do Club de lectura de 2º da ESO recibiron estes días os seus exemplares do que será a última parada do seu Club de Lectura este curso: O destino de Kameko. Porén, debido ao axetreo destes días de xuño, a sesión prevista para hoxe, martes 20 de Xuño, non se puido levar a cabo. Así e todo dúas das nosas lectoras nos fixeron chegar que lles pareceu a selección: parece que a ambas lles gustou moito, "sobre todo a tartaruga"!!

As Pombas do Carboeiro, o derradeiro título do novo Club de Lectura de 1º da ESO... por este curso!

Onte, Luns 19 de Xuño levamos a cabo a derradeira sesión do Club de Lectura de 1º da ESO por este curso. Durante a súa hora de ler as/os nosas/os participantes deleitaronse escoitando, xunto coa súa profesora Raquel Fernández Parada, o CD da BSO de As pobas do Carboeiro. Mirade que concentrados estaban escoitando a dramatización da obra:

viernes, 16 de junio de 2023

A nosa versión dos "booktubers" en vivo e en directo

Aproveitando a sesión de merenda deste venres 16 de Xuño, a nosa rapazada participante no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO contounos que lles paraceron os títulos escollidos pola súa profesora de Xeografía e Historia, Andrea Pérez Gañete, para esta derradeira lectura. Houbo gustos para todas/os: a algúns comentaron que Maus resultoulles máis interesante, mentres que outros se decantaron por Los surcos del azar... Quen convencería a quen??

viernes, 2 de junio de 2023

Novamente Paco Roca no noso Club de Lectura de 3º e 4º da ESO

Tras a lectura de Arrugas, decidimos que as/os nosas/os participantes do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO leran outro título de Paco Roca. Aproveitando a colaboración da súa profesora de Xeografía e Historia, Andrea Pérez Gañete, escollimos a lectura de Los surcos del azar, para poder traballar así a contribución española á Segunda Guerra Mundial: