lunes, 21 de diciembre de 2020

Os nosos desexos para o Nadal

 


Aquí vos deixamos os desexos de todo o alumnado do IES Faro das Lúas para este Nadal e para o 2021. Unha iniciativa do Equipo de Dinamización da Galega, coordinado pola profesora Irene Santos, e o equipo da Biblioteca.

viernes, 27 de noviembre de 2020

Novembro: mes da Ciencia en Galego

O alumnado de 1º ESO celebra o Mes da Ciencia en Galego traballando as súas destrezas científicas. No proxecto interdisciplinar "O COVID, un desafío", estudaron o virus causante da pandemia actual e empregaron o método científico para entender a importancia de adoptar as medidas de prevención axeitadas. Van camiño de convertirse nuns auténticos científicos e científicas!

miércoles, 11 de marzo de 2020

Día Internacional da Muller, 8-M



Desde o departamento de Lingua galega e literatura en colaboración co EDLG, este ano no Faro das Lúas quixémoslles render unha homenaxe ás mulleres da nosa contorna, AS MULLERES DO MAR E DA TERRA. A idea xurdiu do PDI que quere levar a cabo o centro sobre a figura dun pintor da comarca, Conde Corbal, que xa na súa obra reflectiu as actividades asociadas ás mulleres nesta zona: agricultura, vendima, gandería ou marisqueo. A través dunha exposición fotográfica construída con imaxes acompañadas de breves datos sobre os traballos das nosas nais, avoas, tías, veciñas..., o alumnado deulle visibilidade e voz, pois isto xorde de entrevistas individuais, a mulleres que contribúen e moito á sostibilidade desta zona.






O departamento de Lingua e Literatura Españolas tamén realizou unha colaboración ao día Internacional da Muller través do grupo das Sinsombrero.




miércoles, 26 de febrero de 2020

Coplas do Entroido



Como todos os anos, o alumnado ten que crear unha copla dunha canción existente, pero cambiándolle a letra. Este curso contaba cunha salvedade: a canción era ‘a capella’, só con acompañamento instrumental, se así o desexaban os alumnos. Pasárono moi ben.







lunes, 24 de febrero de 2020

Entroido nas aulas



Un ano máis, o noso alumnado deuno todo para celebrar o entroido. Houbo concurso de ambientacion de aulas e tamén de coplas. Que quen foron os gañadores? Pois a verdade, iso é o de menos (o 1º de premio de ambientación foi para os de 3ºB e o de coplas, para os de 2ºB). O que importa é o que gozaron ideando, organizando, creando, ensaiando, colaborando... Traballando en equipo para que todo saíra ben.



lunes, 17 de febrero de 2020

Poemas de San Valentín


O equipo da Biblioteca decidiu facer un concurso este ano de poesía, en consonancia co día dos Namorados. Para iso, creouse un buzón no cal o alumnado foi deixando os seus poemas.  Os dous / dúas gañadores/as, terían a opotunidade de consumir algo na cafetería do centro e, a partir de aí, entablar unha amizade ou o que xurda...

Os gañadores foron:

-Daniel Vázquez Durán (3º A)
-Javier Pérez Buceta (3º B)


Noraboa por eles!!!! Aquí deixamos os seus poemas: