jueves, 30 de mayo de 2019

Concurso Manga

Un novo concurso para poñer a proba a creatividade do alumnado do IES, pero esta vez debuxando, e nada menos ca un cómic manga!


E aquí tedes o cómic gañador, que deixa o listón ben alto!!!

Adiviñas

Que cousa cousiña é? Este concurso de adiviñas proposto polo EDLG en colaboración ca biblioteca resultou do máis animado. Éche un bo xeito de traballar a comprensión lectora, o razoamento lóxico e a imaxinación, non vos parece?


jueves, 16 de mayo de 2019

Ensaiando na biblioteca




Aquí tedes ó grupo de reforzo de lingua galega de 1º ESO dando os deus primeiros pasos coma actores na biblio, un lugar de encontro para todos.

A obra representouse o Día das Letras Galegas e obtivo o merecido recoñecemento de todos.



miércoles, 8 de mayo de 2019

Reseña: Caperucita en Manhattan

Caperucita en Manhattan


Carmen Martín Gaite.


Editorial Siruela.


Comecei a ler esta novela porque era o libro obrigatorio de castelán, mais nunca pensei que me ía gustar tanto, xa que por riba era ‘antigo’, do ano 1990. Non obstante, acabou encantándome.


O que máis me agradou foi a propia intención da historia. Nela a nena protagonista, moi semellante a Carapuchiña Vermella, buscaba a liberdade e unha vida fóra do normal. Algunhas partes da historia transmiten unha mensaxe  feminista e parece que intenta ‘educar’ nestes aspectos ao público ao que vai dirixido: á xuventude.


Quizais influíu no feito de que me encantara a insistencia por parte dos nosos maiores en que aprendamos a respectarnos sen ter en conta a diferenza  de xénero, raza, etc, deixándonos claro que todos temos dereito a ser libres. O libro céntrase nisto. O resultado é unha historia fantástica que lles recomendaría aos meus amigos e a todos os lectores.


Comentario de Ainara Villanueva Núñez