lunes, 31 de enero de 2022

Plasticus maritimus

O 15 de outubro, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) convocou a X Edición de Limpeza Simultánea de Praias, que tivo lugar o pasado venres 15 de outubro. O alumnado de 1º ESO do Faro das Lúas participou nesta actividade de concienciación da importancia de manter as nosas praias libres de plásticos e outros lixos. Posteriormente, ao estudar a hidrosfera no mes de xaneiro, estes rapaces traballaron da man da súa profesora o libro Plasticus maritimus. Unha especie invasora; de Ana Pego; Kalandraka Editora. Deste xeito, as nenas e nenos de 1º de ESO afondaron na problemática dos pláticos despois de vivir de primeria man a gran porcentaxe destes na recollida de lixo na praia das Sinas.

viernes, 21 de enero de 2022

Avaliamos a hora de ler

Grazas á colaboración da profesora de Investigación e Tratamento da Información, o noso alumando realizou unha actividade de creación dun padlet sobre os libros Matilda e Erik Vogler, los crímenes del rey blanco, no que nos contaron cousas como cal era o seu personaxe favorito, ouno que escribiron un final alternativo do libro. Aquí podedes ver os marabillosos resultados dos seus padlets:

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet

MAREAS NEGRAS

Coa axuda de diferentes libros sobre a temática de mareas negras os nosos rapaces e rapazas de 1ºESO traballaron a contaminación da hidrosfera desde un punto de vista moito máis cercano, pois ademais puideron mirar unha galleta de chapapote recollida nunha praia das Rías Altas.

Arrancan os nosos Clubs de Lectura da ESO e de adultos

Lectura dos diferentes niveis da ESO e o Club de Lectura de Adultos. As primeiras lecturas son as seguintes: - 1º da ESO: Velloucas e Minchas - 2º da ESO: Ojo de nube - 4º e 3º da ESO: Identidade - Adultos: Vestido de novia Mirade as caras de ledicia cando se levou a cabo o reparto de libros: A
rrancan os nosos Clubs de

martes, 11 de enero de 2022

Experimentando grazas á Biblioteca

As nosas cativas e os nosos cativos puideron levar a cabo un experimento para comprobar as propiedades da auga coa axuda de varios libros prestados pola biblioteca e a súa profesora de Bioloxía e Xeoloxía. Mirade o noso apio como se tornou en vermello: