jueves, 21 de abril de 2016

Día do libro. Valle- Inclán

Como é de esperar, ésta semana celebramos o Día do Libro. 
E como non podía ser doutro xeito, adicamos a celebración ó 150 Aniversario de pasamento do autor máis célebre do Concello de Vilanova, Ramón Mª del Valle-Inclán.

* O martes, a hora de ler foi en relación á temática de Valle- Inclán
A estrutura da hora foi a seguinte:
- Comezamos cunha explicación sobre o esperpento. Axudámonos dunha pequena presentación que serviu para presentalo tema. 
- Os alumnos de 4º recibiron en papel a descripción dunha personaxe sacada de obras de valle e fixeron ó lado un debuxo inspirado nela. 
- Os alumnos de 1º a 3º ESO, dende os portátiles intentaron entrar na páxina: http://avachara.com/avatar_es/ para crear a súa personaxe esperpéntica e acompañala dunha descripción ó estilo de Valle-Inclán.  

Como ven sendo habitual a rede non funcionou correctamente, polo que tivemos que volver o xeito tradicional, debuxando e escribindo a man; aqueles que lles deu tempo. Isto supuso unha mágoa, xa que estaban realmente motivados cara ésta actividade.
Podedes ver nas imaxes algúns dos seus deseños.



Exposición Valle-Inclán

*A biblioteca está a realizar unha exposición do material bibliográfico que temos do célebre autor.


* Acompañando a esa exposición creamos un tríptico que reúne unha brevísima síntese das obras que temos no noso catálogo, así como algunhas fontes de información dixital. 

Esperamos que esta información poida servir para acometer de xeito máis sinxelo as tarefas do PDI sobre Valle-Inclán que temos aínda por diante.



E aproveitamos novamente ésta oportunidade para agradecer enormemente a participación e implicación do profesorado e do alumnado na realización destas actividades.