Como é de esperar, ésta semana celebramos o Día do Libro.
E como non podía ser doutro xeito, adicamos a celebración ó 150 Aniversario de pasamento do autor máis célebre do Concello de Vilanova, Ramón Mª del Valle-Inclán.
* O martes, a hora de ler foi en relación á temática de Valle- Inclán,
A
estrutura da hora foi a seguinte:
-
Comezamos cunha explicación sobre o esperpento. Axudámonos dunha pequena presentación que serviu para presentalo tema.
- Os alumnos de 4º recibiron en papel a descripción dunha personaxe
sacada de obras de valle e fixeron ó lado un debuxo inspirado nela.
- Os alumnos de 1º a 3º ESO, dende os portátiles intentaron entrar na
páxina: http://avachara.com/avatar_es/ para
crear a súa personaxe esperpéntica e acompañala dunha descripción ó estilo de Valle-Inclán.
Como ven sendo habitual a rede non funcionou correctamente, polo que tivemos que volver o xeito tradicional, debuxando e escribindo a man; aqueles que lles deu tempo. Isto supuso unha mágoa, xa que estaban realmente motivados cara ésta actividade.
Podedes ver nas imaxes algúns dos seus deseños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario