miércoles, 23 de febrero de 2022

23F: Día de Rosalía De Castro

Tal día coma hoxe hai 185 anos, naceu Rosalía de Castro. Celebramos o seu día recitando algúns dos seus poemas.

viernes, 18 de febrero de 2022

Gañadores do certame Ama coa Lingua

E finalmente os nosos gañadores do certame literario Ama coa lingua son:... ... en lingua inglesa: Noelia Diz de 1ºEso B ... en lingua castelá: Álvaro Ventoso de 4ºESO B ... en lingua francesa: Claudia Gestoso de1ºESO A ... wn lingua galega: Uxía García de 1ºESO A PARABÉNS A TODAS E TODOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES!

sábado, 12 de febrero de 2022

11F: científica convidada para festejar o Día da muller e a nena na ciencia

O venres 11 de febreiro conmemoramos o Día da muller e da nena na ciencia convidando á oceanógrafa e profesora da Universidade de Vigo, Paula Diz, para que viñera a falarnos do seu traballo como investigadora mariña. Sabiades que foi a única científica española entre unha trintena de científicos internacionais que participou na expedición ao rift de Corinto a bordo do barco Synergy Fugro? Nesta ligazón podedes ler toda a información sobre a expedición. A súa misión era explorar os sedimentos e rochas do fondo mariño do rift. O alumnado de 1º e 4º escoitouna con moito interese. Ben seguro que algunha vocación espertou. (As fotos da charla están nesta ligazón)

11 de Febreiro: Día da muller e a nena na ciencia

A Biblioteca achegou os libros aos rapaces e rapazas: Las chicas son de ciencias e Mujeres de ciencia e despois de escoller algunhas científicas, lemos na clase as súas historias.

lunes, 7 de febrero de 2022

Ama coa lingua: feliz San Valentín

Falta pouco para San Valentín. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto coa Biblioteca e os departamentos de Linguas, anímavos a participar no concurso Ama coa Lingua. Aquí tedes as bases e os premios. E non o esquezas: Deixa que o teu corazón fale sen fronteiras!

jueves, 3 de febrero de 2022

Xa chegou o día: primeira reunión de Velloucas e Minchas

O 2 de Febreiro tivo lugar a primeira reunión do noso club de lectura de 1º da ESO sobre Velloucas e Minchas. Nesta primeira reunión marcárase unha páxina concreta ata a que se comentaría a lectura, da man das súas profesoras Raquel Parada e Andrea Bugallo, como por exemplo: por que credes que Lorena Conde escolleu como título do seu libro Velluocas e Minchas? Quen son as Minchas? Mirade as caras de a
tención da nosa rapazada: