viernes, 14 de diciembre de 2018

Que ler no 2019


Non sabedes que ler? Botade unha ollada ás recomendacións dos vosos compañeiros.


jueves, 13 de diciembre de 2018

Reseña: Edison el mago de los inventos

Edison el mago de los inventos


Comentario de Salvador Forchinito Casas


Edison el mago de los inventos
Gorka Calzada
elrompecabezas

Cando empecei a ler este libro pareceume moi aburrido pero a verdade é que esta biografía sobre Edison é  boa e entretén bastante. Ademais lese bastante rápido porque é curto.

Eu recomendaríavos lelo xa que é moi interesante e podedes pasar unhas horas moi agradables con el.

jueves, 29 de noviembre de 2018

Reseña: A avoa gángster

A avoa gánster

Comentario de Sofía Chaves Varela

A avoa gánster
David Walliams
Sushi books


Cando empecei a ler este libro
non estaba moi convencida de que me fose gustar, pero agora estou entre o 95% de persoas ás que lles gusta.
Trata sobre un rapaz ao que non lle  apetecía nunca ir á casa da súa avoa porque era moi aburrida, pero un día todo cambiou.
Ao final encantoume como o autor  narraba os feitos e sobre todo como conseguiu manter a intriga ata o último instante.

viernes, 23 de noviembre de 2018

25 de novembro - Non máis violencia de xénero.


O equipo de biblioteca e o alumnado de Investigación e tratamento da información prepararon un póster con interesantes reflexións acerca da violencia de xénero. Colaboraron tamén os grupos  de 2ºB e 4ºA.

Exposición de libros sobre violencia de xénero.


Un grupo de rapaces de 3º fixeron este vídeo denuncia recreando a letra dunha coñecida canción.



miércoles, 31 de octubre de 2018

Concurso de relatos de terror

Quen anda aí? Baixo este lema os alumnos/as do IES participaron no concurso de relatos de terror de Samaín. Os gañadores, ademais dos puntos para a viaxe, puideron ler os seus terroríficos relatos nas aulas durante a “Hora de ler”






domingo, 28 de octubre de 2018

Zona Maker

E aquí temos un novo recuncho para desenvolver a nosa creatividade: "Zona Maker". Se vos gusta deseñar e traballar coas novas tecnoloxías, este é o voso espazo.

Equipo de biblioteca

Dámoslle a benvida neste curso ás voluntarias e voluntarios do Equipo de Biblioteca do alumnado!

miércoles, 24 de octubre de 2018

Día das bibliotecas escolares

Aproveitando a celebración do día da bibliotecas escolares, o alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pista no que tuveron que demostrar a súa axilidade como usuarios da mesma.



jueves, 18 de octubre de 2018

Visita ao xacemento de Cálago



ESCOLARES DE VILANOVA VISITAN O XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DO CASTRO DE CÁLAGO

O Castro de Cálago recibe visitas dos alumnos dos centros educativos de Vilanova de Arousa.
Os alumnos de terceiro da ESO do IES Faro das Lúas puideron ver esta mañá ás excavacións arqueolóxicas que se están realizando no Castro e mañá será o turno dos nenos do CEIP de Tremoedo.
Ademáis, o concello organiza una visita guiada o vindeiro domingo 21 de outubro as 12:00 horas para coñecer a historia do Castro e o Mosteiro de Cálago.
Nos últimos días destapouse unha vivenda no lado norte da muralla do castro.
A planta da vivenda, que está completamente visible, ten un diámetro de 6.30 metros, e conservase o que parece que ser a cimentación do muro.
Tamén se atoparon restos de pallabarro, arxila pouco cocida, que recubría con elementos vexetais o exterior da vivenda, illándoa das temperaturas extremas.
Dende este punto, os habitantes da vivenda podían divisar a ría de Arousa ata Catoira e todo o val das Sinas e Vilanova.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Recursos Meiga

Reseña: A BALADA DOS UNICORNIOS

A BALADA DOS UNICORNIOS

AUTORA: LEDICIA COSTAS                                                                                                              
EDITORIAL: XERAIS                                                                                                             


A historia trata dunha rapaza que ten por nome Ágata
que emprende unha viaxe moi difícil  e a contrarreloxo
para salvar ao seu amigo León. A tía dela secuestrárao          
para absorberlle a súa maxia.

O libro gustoume moito en xeral pero hai catro personaxes
que merecen unha especial mención xa que a min me
marcaron  moito. Un deles é a propia Ágata, unha nena
soñadora, imaxinativa, loitadora... En resumo unha nena
digna de admirar.
Outro dos que máis me gustou foi a raíña Wendy porque
ela demóstranos que aínda que pensemos que estamos
sós nunha loita sempre vai a haber alguén velando por nós. Tamén me encantou o avó de Ágata polo moito que se sacrificou pola súa neta. Pola contra, un personaxe que non me gustou pero que merece ser mencionado é o de Cornelia, a avoa de Ágata. É un personaxe egoísta e  rancoroso, capaz de arrincarlle os ollos á súa neta sendo un bebé.

Recomendaríalle este libro a todo o mundo porque é moi imaxinativo e divertido, cheo  de escenas marabillosas.


RESEÑA FEITA POR: LAURA CORES VIÑAS 1º A

domingo, 22 de abril de 2018

Día do libro


Exposición do libro desde as súas orixes ata a actualidade.




Día da poesía

Composicións con música e letra orixinal

 











viernes, 9 de marzo de 2018

8 de marzo. Día da muller traballadora


Bos días! Hoxe, 8 de marzo, é un día especial para todos, homes e mulleres. Hoxe festexamos o Día da muller traballadora e reinvindicamos os dereitos que lle faltan.
Hoxe, fai 110 anos , 129 mulleres morreron queimadas nunha fábrica loitando polos seus dereitos.
Hoxe, no ano2017, aínda morreron 192 mulleres asesinadas por rebelarse, asesinadas por reclamar a súa liberdade. Hoxe, homes e mulleres aínda non teñen os mesmos dereitos, e este é o motivo polo que hoxe estamos aquí, xuntos, homes e mulleres.
Porque  muller non é unha simple palabra, porque muller significa M de madurez, U de únicas, L de loita e liberdade,  E de esforzó e, sobre todo, R de respecto.





Día da muller traballadora

Elaboración do cartel



Os alumnos de 2º ESO fixeron ao longo do trimestre exposicións orais sobre deportistas de élite actuais.




Visita dunha antigua profesora de primaria que practica a esgrima. 

lunes, 5 de marzo de 2018

Concurso literario

Os alumnos do centro crearon un inicio narrativo para elaborar un relato. Estes son os que se seleccionaron:


PRIMEIRO CICLO:





SEGUNDO CICLO:




Os textos gañadores son :

1º CICLO

Secuestrada

Ainara Villanueva Núñez






2º CICLO

Romántico miedo

Victoria Anais Cores




jueves, 22 de febrero de 2018

Amor, colorea tu mundo

O Equipo de biblioteca de alumnos decidiu festexar este ano o día de San Valentín publicitando este libro que contén todos os ingredientes que precisamos para amar





martes, 13 de febrero de 2018

Entroido: "Ambientación de aulas"

Os diferentes curso, adicaron as dúas primeiras horas a decora a súa clase. O xurado, composto pola orientadora, o profesor de música, a coordinadora da biblioteca e o administrativo, chegaron as seguintes a unhas conclusión.
Para o fallo do xurado tívose en conta a implicación de toda a clase e do titor, os elementos extras, a estética, o tema, os elementos reciclados ou reciclables, a coordinación, a orixinalidade e harmonía.
Os resultado foi o seguinte:

  •        Gañadores: 1ºB. Aeroporto.



  •        Mellor guion: 3ºA. Os superheroes nas rúas de Nova York.

  •        Mellor posta en escena: 3ºB. Cuartel militar.


  •        Mellor ambientación: 2ºA. O ceminterio.




     

jueves, 8 de febrero de 2018

Os contos de Lilith


CONTOS POLA IGUALDADE

 Cristina Vázquez lembrou os duros traballos aos que se tiñan que enfrentar as nosas avoas, as Lilith, cuns contos divertidos e entretidos; ademais gozamos cunha versión dun conto de príncipes, princesas e dragóns atípicos, no que as princesas cobraba todo o protagonismo.

jueves, 1 de febrero de 2018

Entroido




Concurso literario Minerva



Este ano conseguimos animar aos alumnos a participar neste concurso literario. Victoria Anays Cores presenta o seu conto A túa luz cos nervios habituais nunha escritora en ciernes. Sorte!



jueves, 25 de enero de 2018

miércoles, 17 de enero de 2018