viernes, 5 de noviembre de 2021

Certames de Samaín. E os ganadores son...

Neste vídeo poderedes ver aos nosos orgullosos gañadores do Certame de Relatos de Terror e o Concurso de Cabazas. Un aplauso para todas e todos os participantes.

Samaín na Biblioteca do Faro das Lúas

Para festexar o Samaín, o Equipo de Biblioteca fixo unha seleción de libros en lingua castelá, galega e inglesa con temática relacionada coa data a festexar. Para acompañar á seleción de libros e os nosos diversos certames decoramos un recuncho da biblioteca que quedou terrorífico. Mirade:

lunes, 18 de octubre de 2021

Un libro + globos + rapazada = Big Bang

En Outubro, a rapazada de 1º ESO do noso IES realizou unha simpática simulación da man da súa profesora de Bioloxía e Xeoloxía e coa colaboración do equipo da Biblioteca. No patio do centro levaron a cabo a representación do Big Bang coa axuda duns globos, un libro (Universo de los cosmos griegos al multiverso; de Guillaume Duprat; Editorial Zahorí books) e unhas cantas galaxias debuxadas por eles mesmos. Queremos dar as grazas ao noso alumnado de 1º pola súa colaboración nesta actividade voluntaria. Deixámosvos aquí algunhas imaxes da actividade:

sábado, 3 de julio de 2021

Nova reunión do Club de Biblioteca de Adultos: La Cena

Este martes 29 de Xuño e, por fin de modo presencial, levamos a cabo a derradeira reunión do club de lectura de adultos do curso 20-21. O libro proposto pola coordinadora do Club foi La cena, de Herman Koch, que deu moito que falar...

martes, 8 de junio de 2021

VISITA DE EVA MEJUTO AO ALUMNADO DE 2º DA ESO, LECTORES DE "22 segundos"

Hoxe, Martes 8 de Xuño, contamos coa visita da escritora de 22 segundos, Eva Mejuto, que veu charlar co noso alumnado de 2º da ESO, pois despois de ler o seu libro, todas/os querían saber máis sobre a creación da súa obra. Ademais, pareceunos o momento axeitado, xa que acaba de se galardoada co Premio dos Clubs de Lectura 2021, parabéns Eva.

jueves, 3 de junio de 2021

Premiados do 1º Concurso de Fotografía da Natureza en conmemoración ao Día do Medio Ambiento: 5 de Xuño

Estes son os gañadores do Concurso de Fotografía convocado pola Biblioteca e o Dpto. de Bioloxía do Faro das Lúas para conmemorar que o 5 de xuño se celebra o Día do Medio Ambiente. Os nosos parabéns a todos os participantes e, como non, aos premiados.

miércoles, 26 de mayo de 2021

1ºConcurso de Fotografía sobre Natureza e Medio Ambientes para conmemorar o Día do Medio Ambiente

O departamento de Bioloxía e a Biblioteca do IES Faro das Lúas convoca o 1º Concurso de Fotografía sobre a Natureza e o Medio Ambiente para conmemorar o Día do Medio Ambiente que se celebrará o próximo 5 de xuño. Na seguinte infografía podedes consultar as bases e os premios para os gañadores. Participa e conciénciate sobre o medio ambiente! Lembra: Non hai un planeta B.

martes, 18 de mayo de 2021

Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2021

Este ano o Día das Letras Galegas dedícase á poeta Xela Arias, poeta, tradutora e profesora. O alumnado de 1º ESO, axudado pola profesora Irene Santos, creou un Pasapalabra para conmemorar a Xela Arias e a súa obra.

sábado, 8 de mayo de 2021

Primeira e segunda reunión do Club de lectura de 4º da ESO: La versión de Eric

O 30 de Abril celebramos a nosa primeira reunión relacionada coa lectura de La versión de Eric, co seu profesor de Lengua y Literatura Castellana, Manuel Radío. Como nos soubo a pouco, levamos a cabo outra reunión o 7 de Maio. Como podedes ver, as/os nosas/os alumnas/os teñen moito que dicir sobre o libro!

jueves, 29 de abril de 2021

Club de Lectura de Adultos

Onte, 28 de Abril, tivo lugar a nosa primeira reunión do Club de Lectura de Adultos, no que intercambiamos impresións sobre o libro proposto como lectura: Sete caveiras, de Elena Gallego. Por motivos relacionados cos protocolos da COVID-19, a nosa reunión foi realizada de modo telemático, como podedes ver aquí abaixo:

lunes, 26 de abril de 2021

Hora de ler en 1º ESO

 O alumnado de 1º ESO compartíunos as súas impresións sobre os libros escollidos para a hora de ler, recollidos nestes murais colaborativos.

Feito con Padlet

Hora de ler 1ºB

 

Hecho con Padlet

domingo, 25 de abril de 2021

viernes, 23 de abril de 2021

23 de abril. Día do libro

Un ano máis, no IES Faro das Lúas celebramos o Día do Libro levando a cabo distintas actividades relacionadas coa lectura. Desde a Hora de ler ata os Clubs de Lectura, pasando polas lecturas de Inglés, Francés, Lingua Galega e Lingua Castelá, no noso centro sabemos que ler é un pracer todo o ano.

Primeira reunión do Club de Lectura de 1º da ESO: Billy Elliot

Nada mellor para celebrar hoxe o Día do Libro como poder levar a cabo a nosa primeira reunión do Club de Lectura de 1º da ESO. As/os alumnas/os pasárono fenomenal realizando un Kahoot sobre Billy Elliot.

viernes, 16 de abril de 2021

Primeira reunión do Club de Lectura de 2º da ESO: O que sei do silencio

O 16 de Abril tivo lugar a nosa primeira reunión do Club de Lectura de 2º da ESO coas nosas ávidas lectoras acompañadas da súa profesora de Lingua Galega, Irene Santos.

lunes, 22 de marzo de 2021

Día Internacional da Poesía

Para conmemorar o Día Internacional da Poesía o alumnado de 1º de ESO realizou este fantástico traballo: Preme aquí para visualizala:

lunes, 15 de marzo de 2021

As Sen Sombreiro

En relación co 8 de marzo, o alumnado de 4ª e o seu profesor de Lengua e Literatura Castellana, Manuel Radío, levou a cabo unha particular homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas da nosa sociedade: unha homenaxe ás mulleres esquecidas da historia.

lunes, 8 de marzo de 2021

8 de Marzo: Día Internacional da Muller

Desde o Faro das Lúas lembramos a importancia de educar na igualdade. Presentamos unha mostra dos traballos do noso alumnado nos que intentamos dar visibilidade a moitas mulleres esquecidas ou non o suficientemente recoñecidas. Todas elas contribuíron co seu traballo ao avance da nosa sociedade.

viernes, 5 de marzo de 2021

Arrancan os diferentes Clubs de Lectura no IES Faro das Lúas

Este Venres 5 de Marzo, comezamos o reparto dos diferentes libros seleccionados para os Clubs de Lectura dos diferentes niveis da ESO: Billy Elliot para o Club de Lectura de 1º da ESO; O que sei do silencio para 2º da ESO e La versión de Eric para o Club de Lectura de 4º da ESO. Tamén repartimos Sete Caveiras, para o Club de Lectura de Adultos.

miércoles, 17 de febrero de 2021

Canto sabemos do entroido?

Este é o estupendo traballo realizado polo EDLG. Coordinados pola profesora Irene Santos, os rapaces e rapazas de 1ºA lévanos ás orixes desta festa chamada Entroido, e propóñennos un divertido reto: Canto sabemos do Entroido? Animádevos a xogar!

domingo, 14 de febrero de 2021

Entroido virtual no IES Faro das Lúas

Nesta ano tan especial tivemos que reinventarnos e levar a cabo un Entroido Virtual. Levamoa a cabo un concurso por aulas cunha temática concreta que eles memos ecolleron. Aquí vos deixamos aos gañadores: 1ºA e 3ºA. Que desfuten moito do seu premio.

viernes, 12 de febrero de 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: 11 DE FEBREIRO

No IES Faro das Lúas homenaxeamos a todas as científicas do pasado e ás do presente. Invitámosvos a ver este gran traballo de visibilización das mulleres da ciencia feito polos alumnos e e alumnas de 1º ESO.