viernes, 23 de diciembre de 2022

Reunión de "Arrugas" para o Club de Lectura de 3º e 4ºESO

O 22 de Decembro, para rematar o ano, as/os participantes do Club de Lectura xunto coa súa profesora Lidia Bermúdez realizaron unha reunión no espazo de Biblioteca para comentar o que lles aportou a lectura de Arrugas... e dita reunión saíron moitas cousas:

Agasaio en préstamo para as/os notas/os lectoras/es do Club de Lectura de 1º da ESO

Mirade que nos deparou aquela reunión do Club de lectura de 1º da ESO: un libro en préstamo para ler no Nadal! Grazas ao traballo da súa profesora e colaboradora do Equipo de Biblioteca, Raquel Fernández Parada, e grazas ao alumnado que dedicou o seu tempo a cubrir aque cuestionario de gustos lectores:

"Arrugas" nos nosos Clubs de Lectura de 3º e 4º da ESO

As/os nosas/os participantes dos Clubs de Lectura de 3º e 4º da ESO da man da súa profesora Lidia Bermúdez no Club coa lectura de Arrugas, de Paco Roca:

Lecturas de Ciencia para arrincar o noso Club de Lectura de 3º e 4º da ESO

O 16 de Decembro as/os nosas/os participantes no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, comentaron coa súa profesora Nadia Seijas unhas lecturas escollidas de ciencias para lembrar a Semana das Ciencias, que nos colleu cunha chea de exames por facer... e así damos por arrincado o noso Club de Lectura este curso:

Arrinca o noso Club de Lectura de 1º da ESO

As/os rapazas/es do noso Club de Lectura de 1º da ESO cubriron un cuestionario para axudar á súa profesora Raquel Fernández Parada a coñecer os seus gustos lectores:
A ver que sorpresas nos depara esta actividade...

viernes, 16 de diciembre de 2022

Traballamos para a eliminación da violencia contra as mulleres

Xunto con Corrdinación de Igualdade, preparamos a exposición dunha seleción de libros para traballar a temática:
Se queredes saber máis do fantástico traballo de Coordinación de Igualdade e as/os nosas/os rapazas/os visitade a páxina web do IES:

viernes, 25 de noviembre de 2022

Lembrando a catástrofe do Prestige

A nosa profesora de Bioloxía e Xeoloxía e Ciancias Aplicadas colleu en préstamo da nosa Biblioteca uns libros sobre mareas negras e ensinounos un fragmento de chapapote para que non esquecéramos a catástrofe do Prestige neste 20 aniversario.

martes, 15 de noviembre de 2022

Semana da ciencia

Grazas ao Equipo de Biblioteca, que nos fixo unha seleción de libros de ciencia, puidemos desfrutar un anaco da clase lendo coa nosa profesora cuestións curiosas de ciencia.

domingo, 13 de noviembre de 2022

Visitando a Biblioteca Municipal

Esta semana o alumnado de 1° ESO acudiu á Biblioteca municipal de Vilanova de Arousa para recoller os seus carnés da biblioteca e coñecer de primeira man como realizar préstamos, cales son os fondos aos que teñen acceso e todos os pequenos tesouros dos que poden desfrutar como usuarios da Rede Galega de Bibliotecas Públicas de Galicia. Agradecemos especialmente a Jorge, o bibliotecario, a súa implicación para levar adiante esta formación.

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Samaín no IES Faro das Lúas

Un Samaín terrorífico no IES Faro das Lúas: taller de texturas, concurso de relatos, obradoiro de maquillaxe e catrinas,xogos popupares, exposición de criaturas mitolóxicas, un xantar que mete medo... Truco ou trato?

miércoles, 29 de junio de 2022

Recreo de convivencia dos diferentes Clubs de Lectura da ESO

O derradeiro día de clase, este 22 de xuño, decidimos festexar coas nosas e nosos participantes dos tres Clubs de Lectura. Grazas a todo o Equipo de Biblioteca, presente aínda que na sombra, nestes Clubs. Grazas ás 5 profesoras coordinadoras dos nosos clubs pola súa dedicación: Raquel Fernández, Andrea Bugallo, Magdalena López, Lidia Bermúdez e Elena Refojo. E grazas a todas e todos os nosos participantes polas vosas ganas e o voso tempo. Sen todas e todos vós non se houbera podido levar a cabo este proxecto: GRAZAS!

A folla azul, unha novela diferente

Hai unhas semanas propuxémoslle ao noso alumnado participante do Club de Lectura de 1º da ESO unha lectura algo diferente ao que estaban acostumados, pois a protagonista da nosa historia era unha nena dunha tribu do Amazonas cunha misión moi especial...:

"A proba de auga" e vacinas en 3º e 4º da ESO

Debido á gran acollida deste I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético entre os nosos alumnos máis novos e a relevancia da temática e fondo (as vacinas), decidimos probar esta novela gráfica entre o noso alumnado participante no club de lectura de 3º e 4º da ESO. Parece que a nosa decisión foi acertada. Aquí tedes unha imaxe da reunión do 21 de Xuño:

Segunda reunión do Club de Lectura de Adultos

Este 14 de Xuño tivo lugar a segunda reunión do Club de Lectura de Adultos do IES Faro das Lúas. Grazas a que o tempo acompañou, poidemos festexas esta seunda xornada no exterior do noso centro educativo.Comezamos a reunión coa proxección do trailer da película baseada no libro que viñamos de ler: La delicadeza. Porén a moitos de nós non nos convenceros as personaxes e preferimos deixar voas a nosa imaxinación. Nesta convivencia xurdiron cuestións moi interesantes en referencia ao libro incluídos diferentes interpretacións dun mesmo final. Para todo esto da un libro!

lunes, 23 de mayo de 2022

Podcast en homenaje a Florencio Delgado Gurriarán

o noso alumnado realizou na radio escolar un programa de podcast en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, imaxe do día das letras galegas 2022. Neste enlace podedes ecoitar o resultado:

Biblioteca e PEVS

Aproveitando a segunda campaña do centro da Semana da Froita, e en colaboración co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, a súa profesora de PEVS de 2º de ESO aproveitou para achegar a biblioteca ás aulas levando exemplares de títulos como ¡Qué rico!, todo lo que debes saber sobre comida o Wonder Veggie, no que un aguacate nos axuda a entender a cultura vegana e vexetariana, pois a profesora detectara que os nosos rapaces tiñan a crenza de que as persoas vexetarianas tiñan unha dieta pobre en proteínas. Aquí tedes unha mostra de como resultou a actividade:

domingo, 22 de mayo de 2022

Os caminos do vento na radio escolar

Despois de ler o libro Os camiños do vento, as nosas alumnas e alumnos de 1º da ESO realizaron varios programas na radio escolar relacionando as vivencias dos protagonistas do libro, emigrados de Siria e a os emigrados da actual guerra de Ucrania. Escoitade os seus comentarios:

viernes, 20 de mayo de 2022

Novela gráfica: Subnormal, un caso de acoso escolar

A nosa rapazada do club de lectura de 3º e 4º da ESO leu a novela gráfica Subnormal traducida ao galego na que se relata a historia real de bullying que sufríu o exxogador de baloncesto da ACB Iñaki Zubizarreta:

jueves, 19 de mayo de 2022

Biblioteca, vacinas e banda deseñada

A proba de auga, gañadora do I Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, foi a nosa proposta para que a nosa rapazada de 1º da ESO recoñecera o papel e a importancia das vacinas, xustamente nun contexto como no que nos atopamos. Así traballaron as características máis relevantes da banda deseñada da man das súas profesoras e realizaron con notas adhesivas de diversas formas o seu propio comic. Mirade como traballaron:

viernes, 22 de abril de 2022

Nova reunión de Ojo de Nube

Á volta das vacacións o noso alumnado de 2º da ESO realizou unha segunda reunión para rematar de traballar o libro Ojo de nube. As súas profesoras de Tecnoloxía e de Pedagoxía terapéutica colaboraron para realización desta actividade que tanto lles gustou. Mirade o resultado:

miércoles, 6 de abril de 2022

Vestido de novia, primeira lectura do Club de Lectura de Adultos

Vestido de novia, de Pierre Lemaitre, esta foi a novela proposta polo Equipo de Biblioteca ao Club de Lectura de Adultos como primeira lectura deste curso escolar 21-22. Tras esta reunión parece que a proposta foi axeitada, pois ademais de pasar unha tarde agradable en compañía de persoal docente e non docente e de varias familias do noso centro, a lectura previa de cada un de nos foi unha ledicia para logo compartir. Mirada o rexistro fotográfico da nosa reunión de onte, soamente veredes mulleres, pero casualmente todos os homes participantes no noso club tiveron problemas de asistencia de última hora:

jueves, 17 de marzo de 2022

Identidade, de Nee Barros, na nosa Radio Escolar

Os participantes do noso Club de Lectura de 3º e 4º da ESO decidiron hai unhas semanas traballar o libro de teatro identidade realizando unha lectura dramatizada de determinados fragmentos da obra na nosa Radio Escolar. Mirade e ESCOITADE:

martes, 15 de marzo de 2022

15 de Marzo: Día Mundial dos Direitos dos Consumidores

Co gallo do Día Internacional dos Dereitos dos Consumidores, no Faro das Lúas retomamos unha actividade que por mor da pandemia tivemos que cancelar en 2020: O mercado do troco. Contribuímos deste xeito co noso granciño de area a un consumo máis responsable e sostible, dándolle unha segunda vida a videoxogos, xoguetes, libros, películas, cómics, complementos, roupa... Quen sabe, igual atopamos ese obxecto especial que estabamos buscando.

domingo, 13 de marzo de 2022

Lorena Conde visita virtualmente á rapazada do IES Faro das Lúas

O 10 de Marzo os nosos rapaces e rapazas do club de lectura tiveron a sorte de contar coa visita virtual da autora de Velloucas e Minchas, Lorena Conde, III Premio María Victoria Moreno de literatura xuvenil. Lorena contounos, entre outras cousas que supuxo a súa profesora María Victoria Moreno para ela e a rapazada tivo ocasión de preguntarlle multitude de detalles sobre as súas obras. Botádelle un ollo:

lunes, 7 de marzo de 2022

Argallando no Club de Lectura de 3º e 4º da ESO

Tras ler a obra de treatro de Nee Barros as nosas rapazas e o noso rapaz do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO realizaron unha primeira quedada para poder organizar a actividade a realizar co libro e estiveron a argallar, da man da súa profesora Elena Refojo, algo moi interesante:...

viernes, 4 de marzo de 2022

Ojo de Nube, primeira reunión

O noso alumando participante no Club de Lectura de 2º da ESO participou durante o recreo nunha actividade recollida de pistas por equipos da man das súas profesoras coordinadoras do club. A actividade resultou moi ay¡tractiva para os participantes e espertou a curiosidade de outras alumnas e alumnos do centro. Mirade que ven o pasaron: