viernes, 28 de abril de 2023

Visita de Andrea Maceiras

O 14 de Abril tivemos a sorte de poder contar co visita de Andrea Maceiras grazas ao noso Equipo de Dinamización Lingüística. Este curso departamento de Lingua e Literatura Galegas propuxo como lecturas A folla azul en 1º da ESO e O que sei do silencio en 3º da ESO. Deste xeito as/os nosas/os rapazas/rapaces tiveron o pracer de interactuar con Andrea e de que lles asinara os seus libros:

Gañadores da xincana urbana: a ruta de Valle Inclán

Parabéns a os nosos gañadores de 3ºA da ESO por participar nesta xincana sobre Valle Inclán: Rubén Conde, Anxo Tourís, Breixo Campos e Iago Vilas. Parabéns aos gañadores e grazas ao Club de Lectura de 3º e 4º da ESO por participar e a súa profesora Lidia Bermúdez por facelo posible:

Xogo de pistas e visita á Casa Museo de Valle Inclán

Este xoves 27 de Abril, as/os participantes do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO, tras realizar unha búsqueda de información previa, realizaron xunto coa súa profesora Lidia Bermúdez un xogo de pistas sobre as personaxes das obras de Valle Inclán así como unha visita á Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova de Arousa:

miércoles, 26 de abril de 2023

Metamorfose: dos libros ao proceso en directo

Grazas á aportación dos nosos alumnos de 3º da ESO Alejandro e Laura De la Osa Piñeiro e á colaboración do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía as rapazas e rapaces de todo o centro puideron ver a evolución do proceso de metamorfose de cágados a sapos. Hoxe, os nosos sapiños marcharon de volta a súa charca. Reiteradas grazas a Alejandro e a Laura que fixeron posible pasar de ver o proceso en papel a velo en vivo e en directo:

Gañadores de "A Festa dos Libros"

E os gañadores son... (redobre de tambores)...: Enma Padín de 4ºB e Jorgue Ordás de 2ºA Parabéns aos dous e grazas a todos por participar::

lunes, 24 de abril de 2023

Concurso literario "A Festa dos Libros"

Hoxe, luns 24 de Abril realizamos na nosa biblioteca e grazas as nosas representantes do Equipo de Biblioteca (Andrea Pérez Gañete e Raquel Fernández Parada) un concurso literario para todas/os aqueles participantes que desexaron colaborar coa nosa pequena aportación para festexar o día de onte: o Día do Libro

martes, 11 de abril de 2023

Padlet do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO sobre "Identidade"

As/os participantes do Club de Lectura de 3º e 4º da ESO realizaron un traballo colaborativo en forma de padlet coas súas aportacións tras a lectura do libro Identidade, de Nee Barros. Mirade que fantástico traballo:

Feito con Padlet

Padlet da Hora de Ler de 1º da ESO

A rapazada de 1º da ESO participou na lectura compartida da nosa Hora de Ler do 2º trimestre con Erik Vogler y los crímenes del rey blanco, de Beatriz Osés, en 1ºA e Velloucas & Minchas, de Lorena Conde, en 1ºB. Ademáis grazas á colaboración da súa profesora Ana Cruz Castro Mouriño, realizaron un padlet para achegarnos as súas opinións:

Feito con Padlet