jueves, 23 de febrero de 2023

Departamento de Lingua e Literatura Galega e Día de Rosalía

O xoves 23 de Febreiro a profesora de Lingua e Literatura Galega, Raquel Fernández Parada, coa colaboración do profesor de Educación Plástica e Viasual, Adolfo Barcia, expuxeron o traballo dos seus alumnos/as que expresou en debuxos o que lles evocaban estes versos de Rosalía:

viernes, 17 de febrero de 2023

Concurso "Ama coa lingua"... e os ganadores son...:

Parabéns as/aos nosas/os gañadoras/os do certame de tarxetas do día de San Valentín: Tarxeta en Francés: Uxía García de 3ºB Tarxeta en Galego: Claudia Gestoso de 2ºA Tarxeta en Castelán: Noa Xisto de 1ºB Tarxeta en Inglés: Iván Barreiro de 4ºA e Rita Rodríguez de 1ºA Grazas a todos por participar:

miércoles, 15 de febrero de 2023

Lecturas e charla sobre Xestión de Residuos

Este mércores 15 de Febreiro, o noso alumnado participou nun charla sobre xestión de Residuos facilitada polo Concello de Vilanova de Arousa. Un entrante moi axeitado para o traballo posterior de libros como Plasticus maritimus, de Kalandraka, que realizarán coa súa profesora no 3º trimestre o alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de Ciencias Aplicadas:

martes, 14 de febrero de 2023

Lecturas románticas para o 14 de Febreiro

Coa axuda inestimable do noso Equipo de Biblioteca, puidemos expoñer unha seleción de libros relacionados coa temática de San Valentín nos 4 idiomas que cultivamos no noso centro:

lunes, 6 de febrero de 2023

Reunión "riseira" do noso Club de Lectura de 2ºESO

O 6 de Febreiro, o noso Club de Lectura de 2º de ESO realizou unha reunión no espazo de Biblioteca para traballar sobre a lectura de ¡Sonríe! e organizar o seu traballo na Radio Escolar para a realización dun podcast:

Máis libros e máis aparellos respiratorios

Despois de traballar coa maqueta do aparello respiratorio, a profesora de ciencias solicitou na carnicería un aparello respiratorio dun cabrito para que o noso alumnado de 3ºESO puideran ver mellor a súa anatomía. Anatomía que tamén traballaramos con libros da nosa Biblioteca como Teatro del cuerpo humano, de Maris Wicks:

viernes, 3 de febrero de 2023

"Ama coa lingua" Feliz San Valentín

Animádevos a participar no noso concurso de San Valentín! A Biblioteca xunto cos departamentos de Linguas do noso IES organizan un concurso no que podedes demostrar as vosas competencias plurilingües á hora de expresar a universalidade do amor. Ama coa lingua!