Bos días! Hoxe, 8 de marzo, é un
día especial para todos, homes e mulleres. Hoxe festexamos o Día da muller
traballadora e reinvindicamos os dereitos que lle faltan.
Hoxe, fai 110 anos , 129 mulleres
morreron queimadas nunha fábrica loitando polos seus dereitos.
Hoxe, no ano2017, aínda morreron
192 mulleres asesinadas por rebelarse, asesinadas por reclamar a súa liberdade.
Hoxe, homes e mulleres aínda non teñen os mesmos dereitos, e este é o motivo
polo que hoxe estamos aquí, xuntos, homes e mulleres.
Porque muller non é unha simple palabra, porque
muller significa M de madurez, U de únicas, L de loita e liberdade, E de esforzó e, sobre todo, R de respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario