miércoles, 4 de noviembre de 2015

Formación de Usuarios 1º ESO

Como cada curso, os novos alumnos de 1º ESO que se incorporan ó noso centro reciben a formación sobre o funcionamento e uso da nosa biblioteca.
A actividade divídese en dúas sesións para cada aula. Na primeira delas explícase cómo está organizada a biblioteca, cales son as súas funcións e como se organiza o seu funcionamento. Na segunda sesión as alumnas e alumnos participan por equipos nun xogo de pistas de dez probas de diverso tipo: localizar un libro, devolver outro o seu andel, localizar unha revista, etc
Os equipos que completan a proba (todos) reciben de agasallo un marcapáxinas e un pin da biblioteca.
Aquí podedes ver algunhas imaxes da actividade:

...

No hay comentarios: