lunes, 16 de noviembre de 2015

Videoconferencia do día da ciencia en galego

O pasado 4 de novembro, como xa ven sendo habitual participamos na VI Videoconferencia do día da ciencia en galego.
É unha actividade coordinada conxuntamente co equipo de Normalización lingüística, que como cada ano nos dan ánimos para continuar con ésta actividade, o cal lles agradecemos dende aquí.
A temática deste ano foi ben interesante, "A máquina que constrúe a mente e a relaidade", que non é, nin máis nin menos, que os nosos cerebros, eses órganos encargados de transpoñer os nosos pensamentos e ideas en outros cerebros, as veces nin próximos físicamente.
O relator foi Xurxo Mariño, bioólogo de formación e profesor do departamento de Madicina na universidade da Coruña. Na nosa biblioteca, podedes ler e consultar un dos seus traballos, Po de estrelas (5/MAR/pod), un texto de divulgación científica que aborda temas tan interesantes como o nacemento dunha estrela, formigas que constrúen tranpas, a coevolución de morcegos e bolboretas ou a importancia dos microorganismos na Terra, entre moitas outras historias interesantes.

Aquí podedes ver algunha imaxe do momento:



No hay comentarios: