miércoles, 27 de febrero de 2019

Regueifando


O martes 19 de febreiro o alumnado de 2º ESO asistiu na biblioteca á primeira sesión dos obradoiros didácticos ofrecidos pola Asociación Oral de Galiza e impartida polo coñecido regueifeiro Pinto de Herbón. Foi unha hora e media intensa pero moi produtiva. Despois dun divertido achegamento teórico-práctico ó que son as regueifas, o alumnado púxose mans á obra e compuxo as súas propias creacións con axilidade e moita habilidade. Desta sesión saíu unha selección de dezaseis rapaces e rapazas que participaron o 28 de febreiro na segunda quenda. Xa non se trataba só de escribilas, tamén había que cantalas. Ó principio custou un pouquiño pero unha vez vencida a timidez inicial todo foi sobre rodas.



No hay comentarios: