miércoles, 30 de enero de 2019

1000 grúas para a PAZ

Para conmemorar o Día da Paz propuxemos o reto das mil grúas.
A técnica de armar figuras de papel é unha tradición xaponesa milenaria e denomínase "origami".
Puxémonos mans á obra e logramos as 1000 grúas de origami para honrar a memoria de Sadako e enfatizar así o noso labor como continuadores desta marabillosa tradición.





Unha antiga lenda xaponesa promete que calquera que faga mil grúas de papel recibirá un desexo de parte dunha grúa, tal como unha vida longa ou a recuperación dunha enfermidade.
As mil grúas de origami  convertéronse en símbolo de paz en Xapón, debido á historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curar da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica (leucemia) construíndo mil figuras.

O conto da escritora arxentina Elsa Bornemann, "Mil grullas", trata do mesmo tema: Naomi Watanabe e Toshiro Ueda son dúas adolescentes de Hiroshima e atópanse visitando os seus avós na aldea de Miyashima cando cae a bomba. Localízase a Naomi nun hospital tratando de facer figuras. Toshiro completa as mil e  entrégallas á rapaza, mais ela morre ao día siguinte. Trinta e un anos despois, Toshiro fai 42, casa, ten tres fillos e é xerente dunha sucursal dun banco en Londres. Serio e pouco comunicativo, máis a pesar de todo sempre se pode atopar un par de grúas de origami sobre o seu escritorio. Cumprindo así o desexo de Naomi de que nunca a esquecera.

No hay comentarios: