lunes, 23 de junio de 2025

Obradoiro de Ilustración: actividade final dos Club de Lectura de 1º e 2º da ESO

Actividade final dos Club de Lectura de 1º e 2º da ESO

O noso alumnado dos Clubs de Lectura de 1º e 2º da ESO realizaron un Obradoiro de Ilustración no que realizaron una representación dunha personaxe baseada neles mesmos.


Participación no "Fala que fala" de Radio Líder

O alumnado de 2ºESO do IES Faro das Lúas foi seleccionado para participar na 1ª edición do programa "Fala que fala", unha iniciativa de Radio Líder que ten como obxectivo a posta en valor da lingua galega a través da radio. Despois da participación doutros centros educativos da comunidade - o IES Oroso, IES de Ordes, IES Manuel García Barros de A Estrada, O Liceo La Paza de A coruña e o Colexio Vila do Arenteiro de O Carballiño - ao noso centro tocoulle pechar a tempada coa gravación do último programa, que podedes escoitar ao completo nesta ligazón. Nesta ligazón podedes ver a publicación en Instagram de @radiolidersantiago na que se recolle a participación de alumnado e profesorado. Como colofón, os rapaces e rapazas de 2º foron invitados á Gala de clausura na Cidade da Cultura. Ligazón ao álbum de fotos.

Visita de 4ºESO ao IES de Monterroso

O alumnado de 4° ESO achegouse ata o IES de Monterroso para devolverlles a visita que nos fixeron o curso pasado. Por iniciativa do EDLG, ambos centros veñen mantendo un intercambio de actividades nas que o alumnado de Vilanova e o de Monterroso tivo a oportunidade de coñecerse entre si, así como de coñecer os respectivos centros e as diferentes contornas e paisaxes.

miércoles, 4 de junio de 2025

Visita de Radio Lider ao IES Faro das Lúas

Hoxe estivo no noso centro o equipo de Radio Líder Santiago(https://radiolidersantiago.com/) para realizar o seu programa Fala que fala. O alumnado de 2º ESO foi moi afortunado por poder participar en directo da gravación dun programa de radio. Deixámosvos aquí o podcast do programa completo:

Actividade final dos Clubs de Lectura de 3º e 4º da ESO

Os nosos lectores e lectoras de 3º e 4º celebraron as lecturas deste curso cunha actividade pola vila. Primeiro gozaron dun almorzo na praia do Terrón, logo visitaron a Casa Museo de Valle Inclán e finalmente realizaron un roteiro guiado polos lugares máis destacados de Vilanova. Por mor de horarios, a gincana de Valle Inclán queda posposta á vindeira semana.

miércoles, 28 de mayo de 2025

"Yeguas exhaustas" como derradeiro libro do Club de Lectura de Adultos

O martes pasado xuntámonos para levar a cabo a derradeira xuntanza deste curso 24-25. Comentamos o libro de Bibiana Collado, "Yeguas exhaustas", e sacamos tantas cousas a relucir que nos esquecimos de facer fotos. Moitas grazas a todas e todos os participantes do club de lectura por asistir e colaborar con este proxecto: GRAZAS!

lunes, 26 de mayo de 2025

Practicamos a comprensión lectora

 Grazas ao xornal de “La Voz de Galicia” que as nosas profesoras de Reforzo de Lingua Castelá solicitaron, hoxe puidemos traballar a comprensión lectora cun grupo de alumnos reducido na Biblioteca Escolar: 






viernes, 23 de mayo de 2025

17M e Obradoiro de Cantareiras

Grazas á colaboración das profesoras do Departamento de Lingua Galega e Literatura, ambas colaboradoras tamén do Equipo de Biblioteca, o alumnado do noso centro desfrutou da visita das Cantareiras de a Asociación do Castro. Ademais da exposición e decoración que realizou o alumnado:

lunes, 12 de mayo de 2025

Torneo Xadrez Intercentros no IES A Basella

 Este 9 de maio os integrantes do Club de Xadrez do Faro das Lúas participaron no II Torneo Intercentros que se celebrou no IES A Basella.


Máis de 7O alumnxs do CEIP Torre-Illa, do IES da Illa de Arousa, do IES A Basella e do IES Faro das Lúas competiron por parellas en sucesivas roldas ata chegar aos finalistas e finalmente aos gañadores. Os nosos alumnos  Alejandro Conde, Iker Losada, Mateo Padín e Hugo Carro acadaron sendos premios, pero todos os participantes merecen as nosas felicitacións. 

O torneo estivo dirixido por Andrea Dorado e Lucas Abal, do Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía.

Parabéns a todos os participantes e ata a edición do ano que vén!

https://www.canva.com/design/DAGnLH8inPc/iEJEL_RN9ZzhFP2sUgZS5g/watch

 



viernes, 9 de mayo de 2025

Club de Lectura de “Invisible” e “Amanda Black 1”

 Esta semana houbo reunión do club de lectura de 3º. Guiados por Lidia e animados por un dos deliciosos biscoitos de Rosa da cafetería, os rapaces e rapazas charlaron relaxadamente sobre os últimos libros que leron: Invisible, de Eloy Moreno, e Amanda Black, de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Parece que lles gustaron bastante, e mesmo se dispoñen a ler a segunda parte de cada un deles:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1352

martes, 6 de mayo de 2025

EDLG: viaxe a Porto o 28 e 29 Abril

O pasado 28 de maio alumnado de 3º ESO viaxou ata a cidade de O Porto con motivo dunha actividade organizada polo EDLG. Malia que lles cadrou o apagón eléctrico neses días, sen dúbida tiveron a oportunidade de coñecer os lugares máis emblemáticos da fermosa capital portuguesa. Podedes ver as fotos na nosa páxina web:

viernes, 25 de abril de 2025

Apadriñamiento lector co alumnado do CRA de Aradle o 23 de Abril

Os/as nosos/as nenos apadriñados do CRA de Aralde aproveitaron o 23 de Abril para visitar o noso centro: os seus padriños léronlles 3 contos: “Mi amigo libro”, “Una niña hecha de libros”, ...; eles contáronnos contos. Ademais deleitáronse cos xogos tradicionais que solicitáramos desde o noso IES.




martes, 22 de abril de 2025

Entrega de premios “Ama coa Lingua”

A semana pasada tivo lugar a entrega de premios do concurso de San Valentín "Ama coa lingua". Os gañadores do 1º premio en cada lingua recibiron 5 puntos para o Faroviaxa e unha tarxeta gratuita para unha sesión de cine en Vilagarcía. Parabéns!!!

lunes, 31 de marzo de 2025

Libros que nos axudan a entender o proceso de metamorfose dos anfibios

Grazas ao alumno de 1º da ESO Aarón García, e a uns libros de carácter informativo que nos achegou a nosa profesora desde a biblioteca, puidemos comprender o proceso de metamorfose de cágados a ras/sapos:

lunes, 24 de marzo de 2025

Club de Lectura de 1º e 2º da ESO: “Sonríe”

Os participantes de 1º e 2º da ESO do Club de Lectura xuntáronse o venres no recreo no espazo de biblioteca para contarse as súas sensacións durante a lectura de “Sonríe”. Parace que todos e todas riron e sorriron bastante:

martes, 18 de marzo de 2025

“A vexetariana” no do Club de Lectura de Adultos

Tras as diferentes propostas de lectura da última reunión, hoxe analizamos o libro escollido: “A vexetariana”, da Premio Nobel de Literatura 2024, Han Kang, un libro que non nos deixou indiferente a ningún dos participantes:

Reunión CL 4ºESO “Desconocidos”

Hoxe, no seu tempo de lecer, o alumnado participante no Club de Lectura de 4º da ESO realizou unha reunión na Biblioteca para traballar o libro “Desconocidos”:

lunes, 17 de marzo de 2025

Biblioteca e o 8M: exposición de libros

O Equipo de Biblioteca fixo unha selección de libros informativos para poder consultar a semana do 8M:

Polos Creativos: trabajamos na nosa “Senda das Lúas”

Grazas á selección de libros de coñecemento da nosa Biblioteca e aos que a nosa profesora nos prestou coñecemos a flora máis representativa da “Senda das Lúas” na que estamos atraballar nos Polos Creativos:

miércoles, 12 de marzo de 2025

8M: da Biblioteca Escolar ás aulas

Para traballar hoxe o 8M, a nosa profesora escolleu unha serie de libros informativos que achegounos á clase e aproveitamos para ler anacos:

viernes, 7 de marzo de 2025

Libro informativo e guías de peixes: lubina e rapante

Para poder entender determinadas partes dos peixes a nosa profesora achegounos uns libros e guías de peixes da biblioteca. Grazas a eles e aos exemplares que despois diseccionamos observamos: vexiga natatoria, liña lateral, escamas, aletas,...

Entroido: concurso de coplas e de disfraces

Primeiro celebramos o concurso de coplas no que cada ano o alumnado tira de humor, enxeño e retranca para retratar a súa vida no instituto. A continuación, cada clase representou unha escena na que se recreaba unha época histórica: A Lei Seca dos Anos 20, A Guerra de Troia, o trío de Xulio César, Marco Antonio e Cleopatra, unha taberna do lonxano Oeste Americano, a Idade Media, a Revolución Francesa, as Culturas Precolombinas e os Clans Viquingos. Hai que agradecer aos rapaces e rapazas do Faro o esforzo e ilusión que rebordan ano tras ano para dar o mellor de si. O resultado final non sería posible sen a súa creatividade, unha boa planificación e un constante traballo en equipo. Parabéns a todas as clases!

lunes, 24 de febrero de 2025

Reunión do Club de Lectura de 1º e 2º ESO de “A proba de auga

Debido a que “A proba de auga” é un libro de banda deseñada curtiño, o venres pasado xa fixeron a reunión de dita lectura. Parece que lles gustou moito e fixeron preguntas relacionadas coa temática de vacinas:

viernes, 14 de febrero de 2025

Reunión do Club de Lectura de 1º e 2º da ESO para a entrega de “Sonríe”

Hoxe o Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reuniuse no tempo de lecer para facerlles entrega aos participantes do libro “Sonríe”:

jueves, 13 de febrero de 2025

Reunión e entrega no Club de Lectura 1º e 2º ESO de “A proba de auga”

Onte, o Club de Lectura de 1º e 2º da ESO reuniuse no tempo de lecer para facerlles entrega aos participantes do libro “A proba de auga”: