viernes, 7 de marzo de 2025
Entroido: concurso de coplas e de disfraces
Primeiro celebramos o concurso de coplas no que cada ano o alumnado tira de humor, enxeño e retranca para retratar a súa vida no instituto.
A continuación, cada clase representou unha escena na que se recreaba unha época histórica:
A Lei Seca dos Anos 20, A Guerra de Troia, o trío de Xulio César, Marco Antonio e Cleopatra, unha taberna do lonxano Oeste Americano, a Idade Media, a Revolución Francesa, as Culturas Precolombinas e os Clans Viquingos.
Hai que agradecer aos rapaces e rapazas do Faro o esforzo e ilusión que rebordan ano tras ano para dar o mellor de si. O resultado final non sería posible sen a súa creatividade, unha boa planificación e un constante traballo en equipo.
Parabéns a todas as clases!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario