Esta semana houbo reunión do club de lectura de 3º. Guiados por Lidia e animados por un dos deliciosos biscoitos de Rosa da cafetería, os rapaces e rapazas charlaron relaxadamente sobre os últimos libros que leron: Invisible, de Eloy Moreno, e Amanda Black, de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Parece que lles gustaron bastante, e mesmo se dispoñen a ler a segunda parte de cada un deles:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1352
No hay comentarios:
Publicar un comentario