lunes, 15 de mayo de 2017

Visita de Ledicia Costas

Os alumnos de 1º ESO e 3º ESO gozaron dunha xornada de lecer coa escritora Ledicia Costas.
Rubén Esperón de 1º B cóntanos o que pasou nesta actividade:

  A famosa escritora galega Ledicia Costas estivo o pasado luns (20 de marzo) no IES Faro das Lúas. Esta actividade estaba orientada para os alumnos de 1º e 3º, xa que leron dous dos seus libros máis famosos, Escarlatina, a cociñeira defunta e No corazón de Xúpiter, respectivamente.
A charla de Ledicia empezou coas preguntas dos asistentes. Despois decidiu poñer o vídeo da despedida de Amanda Todd un caso parecido ao acontecido en O corazón de Xúpiter. Neste vídeo Amanda explicaba as razóns do seu suicidio cuns carteis de papel. Despois diso e dunhas cantas preguntas aconteceu o broche final da charla. Os de primeiro decidiron agradecer aos de terceiro a súa axuda como titores TEI cunhas piruletas de chocolate feitas a partir da receita que aparece no libro de Escarlatina. Un alumno e unha alumna de primeiro introduciron as piruletas e despois diso todo foi festa. Todas e todos gozamos desas larpeiradas tan ricas que con tanto agarimo fixeron os de primeiro. 
Unha charla pefecta.


No hay comentarios: