lunes, 22 de mayo de 2017

Carlos Casares, o coleccionista de historias



Para festexar o Día das letras galegas fixemos un concurso no que os alumnos voluntariamente tiñan que responder a unha serie de preguntas cuxo cuestionario tiñan que recoller na biblioteca.

Letras Galegas 2017



Carlos Casares, o coleccionista de historias



1.-O autor homenaxeado comparte apelido con un ex-adestrador do Real Madrid, 
seguro que xa sabes cal?



2.-Carlos Casares viviu a súa infancia entre a vila de Xinzo e tres aldeas de Ourense: Sabucedo,
 Beiro e Lamas. En cal ou cales destes lugares dicía que aprendera a maior parte do galego que falaba?



3.-Casares asistía en Ourense ó faladoiro de Vicente Risco xunto a un grupo de rapaces ós 
que don Vicente chamaba “os artistiñas”, en que café se reunían?



4.-Kristina Berg, a esposa de Carlos, e os membros do grupo musical ABBA 
teñen a mesma nacionalidade. De onde eran?

5.-Que tres proxectos fundamentais para a lingua e a cultura galegas se levaron a cabo
 durante os anos en que Casares foi deputado?



6.-Como se titula o primeiro libro que publicou?



7.-Escribe o título de dous libros seus que estean ambientados na posguerra.



-Cal das súas obras se publicou postumamente?



9.-Completa: A obra titulada ..................................................considérase o primeiro texto teatral en galego 
 para nenos.



10.-A rede de escolas infantís de Galicia ten o mesmo nome ca unha obra infantil de 
Carlos Casares publicada en 1968, cal?



11.-En 1975, o autor comeza a colaborar co xornal La Voz de Galicia cunha sección dedicada á crítica literaria, 
como era o título desa sección?



12.-Indica cales das seguintes afirmacións sobre o proxecto “Expreso da Literatura Europa 2000” 
son verdadeiras.



a)Durou seis meses

b)Viaxaron por toda América

c)Permitiulle a Casares aprender outros idiomas

d)Serviu para dar a coñecer a lingua e literatura galegas fóra de Galicia



13.-Era moi afeccionado a coleccionar obxectos: maquetas de trens, cámaras fotográficas,…
 Que afección compartía co actor estadounidense, Tom Hanks?

14.-Na actualidade, Francisco Castro, o autor de Chamádeme Simbad, que nos visitouhai dous anos, 
é o director da mesma editorial que dirixiu Casares ata a súa morte, cal é esta editorial?




15.-Carlos Casares faleceu o mesmo ano có Premio Nobel de Literatura nacido en Padrón. 
Pescuda quen era ese autor e en que ano faleceu?

No hay comentarios: