miércoles, 28 de mayo de 2025
"Yeguas exhaustas" como derradeiro libro do Club de Lectura de Adultos
lunes, 26 de mayo de 2025
Practicamos a comprensión lectora
Grazas ao xornal de “La Voz de Galicia” que as nosas profesoras de Reforzo de Lingua Castelá solicitaron, hoxe puidemos traballar a comprensión lectora cun grupo de alumnos reducido na Biblioteca Escolar:
viernes, 23 de mayo de 2025
17M e Obradoiro de Cantareiras
lunes, 12 de mayo de 2025
Torneo Xadrez Intercentros no IES A Basella
Este 9 de maio os integrantes do Club de Xadrez do Faro das Lúas participaron no II Torneo Intercentros que se celebrou no IES A Basella.
Máis de 7O alumnxs do CEIP Torre-Illa, do IES da Illa de Arousa, do IES A Basella e do IES Faro das Lúas competiron por parellas en sucesivas roldas ata chegar aos finalistas e finalmente aos gañadores. Os nosos alumnos Alejandro Conde, Iker Losada, Mateo Padín e Hugo Carro acadaron sendos premios, pero todos os participantes merecen as nosas felicitacións.
O torneo estivo dirixido por Andrea Dorado e Lucas Abal, do Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía.
Parabéns a todos os participantes e ata a edición do ano que vén!
https://www.canva.com/design/DAGnLH8inPc/iEJEL_RN9ZzhFP2sUgZS5g/watch
viernes, 9 de mayo de 2025
Club de Lectura de “Invisible” e “Amanda Black 1”
Esta semana houbo reunión do club de lectura de 3º. Guiados por Lidia e animados por un dos deliciosos biscoitos de Rosa da cafetería, os rapaces e rapazas charlaron relaxadamente sobre os últimos libros que leron: Invisible, de Eloy Moreno, e Amanda Black, de Juan Gómez Jurado e Bárbara Montes. Parece que lles gustaron bastante, e mesmo se dispoñen a ler a segunda parte de cada un deles:
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1352