sábado, 2 de marzo de 2024

Libro "Plasticus maritimus" e saída á praia das Sinas

A rapazada de 1º da ESO realizou onte unha saída á praia das Sinas, xestionada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química e grazas á colaboración do Concello de Vilanova de Arousa, que proporcionou o material. A saída buscaba colaborar coa recollida de lixo nas praias, para tentar facer consciente ao noso alumnado da cantidade de lixo e fundamentalmente plásticos que vertemos ao medio ambiente. Na aula o alumnado xa traballara esta problemática dos plásticos axudándose do libro Plasticus maritimus cedido pola Biblioteca Escolar do IES. Como podedes apreciar nas fotografías o alumnado colaborou activamente e recollemos unha boa cantidade de lixo: restos de envases de vidro, material de construción, restos metálicos,... e fundamentalmente plásticos, demasiado plástico.

No hay comentarios: