miércoles, 20 de marzo de 2024

Libros, sapos e cágados para entender a metamorfose

Grazas novamente aos nosos alumnos de 4º da ESO Alejandro e Laura De la Osa, tiemos a oportunidade de ver medrar e facer a metamorfose a uns cágados. A nosa profesora tamén colleu prestados uns libros da Biblioteca Escolar para explicarnos o proceso da metamorfose de anfibios:

miércoles, 13 de marzo de 2024

Reunión 3º da ESO

O alumnado do club de lectura de 3º da ESO xuntouse para falar da primeira novela da saga "Amanda Black". Gustou moitísimo e quedaron con gana de seguir afondando nesta trama!!!

martes, 12 de marzo de 2024

Visita ao Salón do Libro de Pontevedra

Onte o alumnado que participa nos clubs de lectura tivo ocasión de visitar o Salón do Libro en Pontevedra, que este ano está dedicado á Maxia. A través dunha visita guiada, foron coñecendo as orixinais montaxes e exposicións do Salón. Ademais, houbo tempo de socializar e estreitar lazos:

viernes, 8 de marzo de 2024

Traballo colaborativo con bibliografía

Esta semana o alumnado de 1º da ESO estivo a realizar un genially en grupos con axuda da bibliografía que lle compartiu o Equipo de Biblioteca:

Reunión 1º ESO

O alumnado do club de lectura de 1º da ESO xuntouse para falar do cómic de Anémona do Río "Tam 2" que gustou moitísimo. Xa con anterioridade se xuntara este grupo para comentar as lecturas do Nadal e repartir a obra que hoxe puideron compartir.

sábado, 2 de marzo de 2024

Libro "Plasticus maritimus" e saída á praia das Sinas

A rapazada de 1º da ESO realizou onte unha saída á praia das Sinas, xestionada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química e grazas á colaboración do Concello de Vilanova de Arousa, que proporcionou o material. A saída buscaba colaborar coa recollida de lixo nas praias, para tentar facer consciente ao noso alumnado da cantidade de lixo e fundamentalmente plásticos que vertemos ao medio ambiente. Na aula o alumnado xa traballara esta problemática dos plásticos axudándose do libro Plasticus maritimus cedido pola Biblioteca Escolar do IES. Como podedes apreciar nas fotografías o alumnado colaborou activamente e recollemos unha boa cantidade de lixo: restos de envases de vidro, material de construción, restos metálicos,... e fundamentalmente plásticos, demasiado plástico.