lunes, 21 de noviembre de 2016

MITOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí están as respostas ás preguntas do corredor:
 

AS MULLERES CON CERTAS CARACTERÍSTICAS TEÑEN MÁIS PROBABILIDADE DE SER MALTRATADAS?

     As mulleres maltratadas non teñen un perfil particular que implique idade, posición social, nivel educativo, raza ou etnia. Nacer baixo o sexo feminino nunha sociedade que sitúa a este grupo nunha posición inferior, é a condición para ser potencialmente vítima da violencia.

SE AS MULLERES MALTRATADAS NON MARCHAN, É PORQUE ALGO LLES GUSTA, SENÓN MARCHARÍAN?
  
     Este mito pon o acento en culpabilizar a muller sen comprender a complexidade que envolve a violencia de xénero. Por un lado, hai un traballo sistemático por parte do maltratador que socava a integridade subxectiva da súa vítima, deixándoa sen ferramentas para afrontar a situación violenta. Ásúa vez, estas mulleres adoitan ser presas de ameazas máis ou menos explícitas que invanden a súa realidade dun medo que as paraliza. Todo isto, sobre unha base cultural que establece que o rol da muller é máis dependente e pegado ao mundo familiar, responsabilizándoas da integridade familiar. I

 

MITO DA MARXINALIDADE: 

     O sentido latente deste mito é situar a violencia de xénero como algo afastado do propio grupo.  Unha das xustificacións máis habituais é afirmar que as mulleres vítimas da violencia machista proveñen de fogares con problemas económicos e sociais, ou que son de determinados grupos étnicos. Por exemplo, moitas persoas sitúan a ablación feminina practicada en África como violencia de xénero minimizando as situacións cotiás que viven moitas persoas no noso país.
Este mito opera en dous sentidos: como resistencia á toma de conciencia de que a causa da violencia de xénero é o feito de ser muller, independentemente do nivel de estudios, idade, clase ou etnia; e ademais provoca que aquelas mulleres que non cumpren con este "perfil" se sintan aínda máis avergoñadas e culpables, limitando subxectivamente o acceso aos sistemas de atención pública especializada.


 O MALTRATO É UN ASUNTO PRIVADO DO ÁMBITO FAMILIAR?

     O maltrato é un delito contra a liberdade, contra a integridade física e psíquica, contra a dignidade humana e moitas veces contra a vida. Polo tanto non é un asunto privado. Non é un "problema de parella", xa que unha das partes é vítima das vexacións, humillacións, golpes e incluso morte. En tanto público, temos a obligación como cidadáns de non mostrarnos indiferentes e denunciar se fose necesario, sobre todo, cando hai risco vital da muller. Por outro lado, e como sociedade tamén, debemos respectar os espazos e o proceso desa muller para que se reconstitúa subxectivamente como suxeito de dereitos, e deixar que ela poida tomar as decisións de denunciar e rematar a situación de violencia dende outro lugar (sempre que non estea en risco a súa vida).

É IMPOSIBLE ROMPER CUNHA RELACIÓN DE MALTRATO?

     Nun contexto que propicie que a muller recupere a confianza en si mesma, é posible saír do círculo da violencia.

OS MALOS TRATOS SON PÉRDIDAS MOMENTÁNEAS DE CONTROL?

     Está amplamente estudado que a violencia de xénero non é produto de feitos illados senón que se corresponden cun patrón configurado polo ciclo da violencia. Este mito tende a minimizar a complexidade  desta realidade constituída por ciclos que se repiten unha e mil veces.
     Hai moitos varóns drogadictos, alcólicos e/ou enfermos que non son violentos coas mulleres. Isto demostra que son dúas cuestións independentes. A violencia contra as mulleres parte da acción do varón por reafirmar a súa posición de poder e demostrar a súa superioridade. Exemplo disto é que a maioría dos maltratadores posúen unha "dobre fachada", isto é, non manifestan a súa violencia fóra do ámbito doméstico.

CO PASO DO TEMPO OS MALTRATADORES PODEN CAMBIAR?

   As situacións do maltrato non melloran co tempo; o contrario, o círculo da violencia na súa perpetuación tende a ser cada vez máis seguido e inatenso. Debemos mencionar que existen tratamentos socioeducativos que pretenden reeducar en equidade de xénero aos maltratadores.

OS MALTRATOS DÉBENSE AOS CELOS.

    Os celos son un mecanismo de control que empregan os maltratadores, e os actos tendentes a controlar ou illar a muller constitúen violencia psicolóxica.

No hay comentarios: