martes, 22 de octubre de 2013

Celebrando o día das bibliotecas escolares


O biblioequipo, para conmemorar esta xornada, preparou unha serie de actividades que imos lembrar:
A 1ª hora, Amelia repartiu os carnés da Biblioteca a tódolos cursos.
-  10 minutos antes do recreo (tocou o timbre)Todo o alumnado saíu ao Hall de entrada e alí José Antonio explicou:
a) Que estabamos celebrando o Día das bibliotecas, no noso centro
b) Que dende o Equipo da Biblioteca, propoñíamos a actividade "Buscamos aos máis lectores do Faro das Lúas". Os que quixeron participar anotáronse e coller unha Tarxeta na Biblioteca para ir rexistrando as súas lecturas (optativas, non valen as obrigatorias das materias). O gañador ou gañadores irán á excursión de fin de curso do centro.
c) Psentouse o vídeo "Pregón das Bibliotecas", interpretado e montado por un grupo de alumnos de teatro.


- 4ª HORA: Hora de Ler "especial-bibliotecas" (aportóusenos o enlace a unha curtametraxe (15min) colgada na Aula Virtual, as fotocopias dunha lectura relacionada coas Bibliotecas (o discurso de Lorca ao inaugurar a biblioteca do seu pobo) e unhas preguntas para reflexionar e debatir sobre ese discurso, a "lectura", as "bibliotecas", ...)




Os alumnos de 1º A baixaron á Biblio a facer un xogo de probas sobre o uso desta. Esta mesma actividade levaron cabo os alumnos de 1º B a última hora.

No hay comentarios: