miércoles, 12 de enero de 2011

Comprar, tirar, comprar



O documental Comprar, tirar, comprar emitido por TVE mostra como a caducidade programada se leva practicando dende a década dos vinte xa que un " artigo que non se desgasta é unha traxedia para os negocios". Esto chámase obsolescencia programada, que consiste na  reducción deliberada da vida útil dos productos para incrementar o seu consumo. Baterías programadas para unha duración límite de un ano, prendas que se danan ós cinco lavados, impresoras que deixan de imprimir logo de tantas impresións. Esta práctica comenzou nos anos 20 cando as principais fábricas de bombillas pactaron en secreto que a vida útil dos seus productosdebía reducirse de 2500 a 1000 horas para multiplicar as ventas.
Esta práctica empresarial convirtíuse na base da economía moderna a pesar das consecuencias medioambientais.

No hay comentarios: