jueves, 4 de noviembre de 2010

Ás veces, vexo mortos

Dende a biblioteca propoñémoste estos thrillers:

"O sexto sentido", unha película de suspense de 1999 escrita e dirixida por M. Night Shyamalan.Conta a historia de Cole (Haley Joel Osment), un neno problemático e aillado quen dice poder ver e falar coa xente morta, e un psicólogo infantil igualmente atormentado (Bruce Willis) que trata de axudarlle.

"Os outros", Película de misterio e suspense que conta a historia de Grace (Nicole Kidman), quen soa nun aillado caserón victoriano educa aos seus fillos dentro de estrictas normas relixiosas. Éstos sufren unha extraña enfermidade: no poden recibir directamente a luz do día. Os tres novos sirvintes que se incorporan á vida familiar deben aprender unha regra vital: a casa estará sempre na penumbra; nunca se abrirá unha puerta si non se pechou a anterior. O estricto orden que Grace impuxo hasta entonces será desafiado. Grace, os nenos e quienes os rodean darán un paso inesperado e definitivo.


"O orfanato" Laura (Belén Rueda) regresa coa súa familia ao orfanato onde creceu, coa intención de abrir unha residencia para nenos discapacitados. Alí, o pequeno Simón (Roger Príncep), fillo de Laura, comenza a deixarse levar por uns extraños xogos que xeneran na súa nai gran inquietude, xa que deixarán de ser unha mera diversión para convertirse nunha ameaza. Unha serie de inesperados acontecementos obligarán a Laura a bucear no dramático pasado da casa que de nena foi o seu fogar.

No hay comentarios: