martes, 19 de mayo de 2009

San Valentín



A biblioteca Faro das Lúas quere celebrar a San Valentín coa elección do mellor poema de tódolos tempos. Nas nosas literaturas, abundan os poemas de amor. Trataremos de escoller os mellores textos e os máis representativos que colgaremos nos paneis da entrada do instituto. Haberá poemas en castelán, en galego, en inglés, en francés, en portugués... Vós, participaredes no concurso “Elección do mellor poema de amor de tódolos tempos” lendo previamente os distintos textos escollidos, elixindo cinco e introducindo o voso voto nunha urna destinada a tal efecto situada na entrada do noso centro.

No hay comentarios: