viernes, 17 de enero de 2025

Visita da escritora Antía Yáñez

 A pasada semana visitounos Antía Yáñez, a autora de O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela. O alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar con ela sobre os seus libros e preguntarlle curiosidades acerca das súas historias e personaxes.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1296


Reunión Club de Lectura de 3º da ESO sobre “El diario azul de Carlota”

Os membros do club de lectura de 3º ESO reuníronse coa súa coordinadora Lidia para charlar de El diario azul de Carlota, o libro que leron no primeiro trimestre. O libro xira entorno á visualización da violencia machista dende o punto de vista dunha adolescente que exemplifica condutas machistas e menosprezo e ridiculización das mulleres a través de casos cercanos a ela.

martes, 26 de noviembre de 2024

Biblioteca e Equipo de Igualdade no 25N

O Equipo de Biblioteca xunco co Equipo de Igualdade realizou unha exposición para non esquecer o 25N:

Non esquecemos a marea negra do Prestige

Aproveitando que traballamos a contaminación da auga na materia de Bioloxía e Xeoloxía, lembramos o sucedido coa marea negra do Prestige cuns libros que a nosa profesora colleu en préstamo da biblioteca:

lunes, 25 de noviembre de 2024

Aproveitamos para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas” o 25N

Hoxe, luns 25 de Novembro, o alumnado recibiu unha selección de libros sobre a temática ademais a Biblioteca aproveitou para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas”:

Libros “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia” e unha píntega

O venres a nosa profesora achegounos a clase unha píntega a clase e uns libros de biblioteca, “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia”:

martes, 19 de noviembre de 2024

Arrincamos o Club de Lectura de 3º da ESO: entrega de “El diario azul de Carlota”

Arrincamos os nosos Clubs de Lectura da ESO coa entrega de “El diario azul de Carlota” para 3º da ESO, a ver se lles gusta a lectura... parece que a aceptación foi boa, mirade as caras: