martes, 21 de marzo de 2023
Día da Poesía no Espazo de Biblioteca
Grazas á colaboración da profesora de Lingua e Literatura Galegas e colaboradora do Equipo de Biblioteca, Raquel Fernández Parada,a nosa Biblioteca Escolar vestiuse de versos para sorprender ao noso alumnado no Día da Poesía:
viernes, 17 de marzo de 2023
1º Reunión do Club de Lectura de Adultos
Este martes 14 de Marzo, as/ os participantes do Club de Lectura de Adultos reunímonos no Espazo de biblioteca do IES para tratar o libro de “Los hombres que no amaban a las mujeres” do finado Steig Larsonn. Finalmente foi unha reunuón moi produtivas grazas ás aportacións de personal docente e non docente do centro e as nais representantes das familias do noso centro. Grazas a todas/os por asistir:
miércoles, 15 de marzo de 2023
Más banda diseñada no Club de Lectura de 2º da ESO
Aproveitando a reunión para comentar a lectura de Mortadelo e Filemón, a súa profesora Raquel Fernández Parada repartíu a seguinte lectura: A proba de Auga, de Anémona de Río:
jueves, 9 de marzo de 2023
Lectura en galego de "Mortadelo e Filemón"
Este xoves 9 de Marzo, para agradecer a presenza do único título en galego de Mortadelo e Filemón, a súa profesora Raquel fernández Parada decidiu ler cos participantes do Club de Lectura de 2º da ESO Mortadelo e Filemón: ¡o estrelato!. Semella que lles gustou, mirade:
miércoles, 8 de marzo de 2023
Non nos esquecemos do 8 de Marzo
Grazas á colaboración de Coordinadora de Igualdade, Andrea Pérez Gañete, a nosa biblioteca presentou un espazo para poñer o noso gran de area este 8 de marzo con esta seleción de libros e traballos do noso alumnado nas "Sen sombreiro":
jueves, 23 de febrero de 2023
Departamento de Lingua e Literatura Galega e Día de Rosalía
O xoves 23 de Febreiro a profesora de Lingua e Literatura Galega, Raquel Fernández Parada, coa colaboración do profesor de Educación Plástica e Viasual, Adolfo Barcia, expuxeron o traballo dos seus alumnos/as que expresou en debuxos o que lles evocaban estes versos de Rosalía:
viernes, 17 de febrero de 2023
Concurso "Ama coa lingua"... e os ganadores son...:
Parabéns as/aos nosas/os gañadoras/os do certame de tarxetas do día de San Valentín:
Tarxeta en Francés: Uxía García de 3ºB
Tarxeta en Galego: Claudia Gestoso de 2ºA
Tarxeta en Castelán: Noa Xisto de 1ºB
Tarxeta en Inglés: Iván Barreiro de 4ºA e Rita Rodríguez de 1ºA
Grazas a todos por participar:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























