lunes, 18 de octubre de 2021
Un libro + globos + rapazada = Big Bang
En Outubro, a rapazada de 1º ESO do noso IES realizou unha simpática simulación da man da súa profesora de Bioloxía e Xeoloxía e coa colaboración do equipo da Biblioteca.
No patio do centro levaron a cabo a representación do Big Bang coa axuda duns globos, un libro (Universo de los cosmos griegos al multiverso; de Guillaume Duprat; Editorial Zahorí books) e unhas cantas galaxias debuxadas por eles mesmos.
Queremos dar as grazas ao noso alumnado de 1º pola súa colaboración nesta actividade voluntaria.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes da actividade:
sábado, 3 de julio de 2021
Nova reunión do Club de Biblioteca de Adultos: La Cena
Este martes 29 de Xuño e, por fin de modo presencial, levamos a cabo a derradeira reunión do club de lectura de adultos do curso 20-21. O libro proposto pola coordinadora do Club foi La cena, de Herman Koch, que deu moito que falar...
martes, 8 de junio de 2021
VISITA DE EVA MEJUTO AO ALUMNADO DE 2º DA ESO, LECTORES DE "22 segundos"
Hoxe, Martes 8 de Xuño, contamos coa visita da escritora de 22 segundos, Eva Mejuto, que veu charlar co noso alumnado de 2º da ESO, pois despois de ler o seu libro, todas/os querían saber máis sobre a creación da súa obra. Ademais, pareceunos o momento axeitado, xa que acaba de se galardoada co Premio dos Clubs de Lectura 2021, parabéns Eva.
jueves, 3 de junio de 2021
Premiados do 1º Concurso de Fotografía da Natureza en conmemoración ao Día do Medio Ambiento: 5 de Xuño
Estes son os gañadores do Concurso de Fotografía convocado pola Biblioteca e o Dpto. de Bioloxía do Faro das Lúas para conmemorar que o 5 de xuño se celebra o Día do Medio Ambiente.
Os nosos parabéns a todos os participantes e, como non, aos premiados.
miércoles, 26 de mayo de 2021
1ºConcurso de Fotografía sobre Natureza e Medio Ambientes para conmemorar o Día do Medio Ambiente
O departamento de Bioloxía e a Biblioteca do IES Faro das Lúas convoca o 1º Concurso de Fotografía sobre a Natureza e o Medio Ambiente para conmemorar o Día do Medio Ambiente que se celebrará o próximo 5 de xuño. Na seguinte infografía podedes consultar as bases e os premios para os gañadores. Participa e conciénciate sobre o medio ambiente!
Lembra: Non hai un planeta B.
martes, 18 de mayo de 2021
Conmemoramos o Día das Letras Galegas 2021
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase á poeta Xela Arias, poeta, tradutora e profesora. O alumnado de 1º ESO, axudado pola profesora Irene Santos, creou un Pasapalabra para conmemorar a Xela Arias e a súa obra.
sábado, 8 de mayo de 2021
Primeira e segunda reunión do Club de lectura de 4º da ESO: La versión de Eric
O 30 de Abril celebramos a nosa primeira reunión relacionada coa lectura de La versión de Eric, co seu profesor de Lengua y Literatura Castellana, Manuel Radío. Como nos soubo a pouco, levamos a cabo outra reunión o 7 de Maio. Como podedes ver, as/os nosas/os alumnas/os teñen moito que dicir sobre o libro!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








