miércoles, 26 de febrero de 2020
Coplas do Entroido
Como todos os anos, o alumnado ten que crear unha copla dunha canción existente, pero cambiándolle a letra. Este curso contaba cunha salvedade: a canción era ‘a capella’, só con acompañamento instrumental, se así o desexaban os alumnos. Pasárono moi ben.
lunes, 24 de febrero de 2020
Entroido nas aulas
Un ano máis, o noso alumnado deuno todo para celebrar o entroido. Houbo concurso de ambientacion de aulas e tamén de coplas. Que quen foron os gañadores? Pois a verdade, iso é o de menos (o 1º de premio de ambientación foi para os de 3ºB e o de coplas, para os de 2ºB). O que importa é o que gozaron ideando, organizando, creando, ensaiando, colaborando... Traballando en equipo para que todo saíra ben.
lunes, 17 de febrero de 2020
Poemas de San Valentín
O equipo da Biblioteca decidiu facer un concurso este ano de poesía, en consonancia co día dos Namorados. Para iso, creouse un buzón no cal o alumnado foi deixando os seus poemas. Os dous / dúas gañadores/as, terían a opotunidade de consumir algo na cafetería do centro e, a partir de aí, entablar unha amizade ou o que xurda...
Os gañadores foron:
-Daniel Vázquez Durán (3º A)
-Javier Pérez Buceta (3º B)
Noraboa por eles!!!! Aquí deixamos os seus poemas:
miércoles, 4 de diciembre de 2019
Opinións sobre a hora de lectura en 2º, 3º e 4º
HORA DE LER
Despois do período de lectura deste primeiro trimestre, todo o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO deberá deixar nesta entrada do blogue a súa opinión sobre os libros que leu.
Para iso, deixamos os pasos que tedes que seguir para comentar:
1º- Imos á páxina web do centro e buscamos o enlace do blogue da biblioteca (mira a fotografía):
Grazas pola vosa colaboración.
2º. Poñemos o nome e apelidos, xunto co curso. Logo, realizamos o noso comentario.
3º. Dámoslle a enviar. Pediranos un correo. Poñemos a nosa conta, xunto co contrasinal, e xa queda publicado.
4º. Cerramos sesión e saímos da páxina. Logo, accedemos outra vez ao blogue e miramos se está publicado o noso comentario.
Grazas pola vosa colaboración.
viernes, 29 de noviembre de 2019
Charlas sobre a Violencia de Xénero
Esta semana dedicada á Violencia de Xénero tamén tivemos unha charla, por parte da Concellería de Igualdade de
Vilanova de Arousa, na que os nosos alumnos e alumnas puideron preguntar todas as dúbidas que tiñan, respecto a este tema, e concienciarse do importante que é a igualdade.
Representación de El sí de las niñas, de Leandro Fernández de Moratín
Rematamos a semana contra a violencia de xénero cunha obra de teatro, El sí de las niñas de Leandro Fernández de Moratín. Nela reivindícanse os dereitos da muller a elixir e a decidir libremente. Dirixidos polo profesor de Lingua Castelá e Literatura Manuel Radío, Laura, Zaida, Lara, David e Santiago, de 4º ESO, fixeron as delicias de todo o alumnado coas súas interpretacións. Velaí un resumo da obra:
jueves, 28 de noviembre de 2019
Nota de prensa sobre a nosa posta en marcha da Porta Violeta
O I.E.S. Faro das Lúas saíu na prensa pola súa iniciativa sobre a 'Porta Violeta' coa que se quere representar a esperanza, a nova vida, outra saída, despois de tanto horror. Isto conseguiuse grazas á colaboración do noso profesorado, alumnado, o equipo directivo e o departamento de Orientación, grazas á Comisión de Igualdade.
Moitas grazas a todas/os!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






