martes, 27 de febrero de 2024

Libros e peixes para ver a vejiga natatoria, a liña lateral...

Onte grazas aos libros en préstamo da nosa Biblioteca Escolar e a unha dourada e un rapante que no trouxo a nosa profesora puidemos comprender a anatomía dos peixes: a liña lateral, a vexiga natatoria, as escamas, as diferentes aletas,...

viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía

Hoxe festexamos na Biblioteca o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con versos e agasaios:

jueves, 22 de febrero de 2024

Concurso "Ama coa Lingua"

Outro ano máis no IES Faro das Lúas festexamos San Valentín co concurso "Ama coa Lingua" con tarxetas de San Valentín en lingua galega, castelá, inglesa e francesa:
Moitas grazas a todas/os participantes! E os gañadores son...!

lunes, 12 de febrero de 2024

Entroido 2024

Varios membros do Equipo de Biblioteca tiveron o pracer de colaborar como xurado nos Concursos de Coplas e de Disfraces:
Lembramos os premios aos mellores disfraces e á mellores coplas: Disfraces 1º premio: Poppy Park 2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo 3º Premio: Diploma Coplas 1º premio: Merendola na cafetería 2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo 3º Premio: Diploma

viernes, 9 de febrero de 2024

Exposición da selección de libros para San Valentín

Desde o Equipo de Biblioteca realizamos unha selección de libros de temática amorosa para acompañar os festexos de San Valentín:

viernes, 26 de enero de 2024

Podcast para avaliar unha lectura do Club de 3ºESO

Xa vos contáramos que o Club de Lectura de 3º da ESO visitara unha libraría da contorna para escoller a súa lectura. Decidiron ler "Nací para esto" de Alice Oseman. Pois aquí vos deixamos o podcast que eles mesmos gravaron na Radio Escolar coas súas opinións:

viernes, 12 de enero de 2024

Reunión 4º da ESO

Hoxe, o alumnado do club de lectura de 4º da ESO xuntáronse coa súa coordinadora Susana para ler e comentar "A malferida" de Irene Rega Jul que, en xeral, foi do seu agrado lector. Ademais, fixaron a súa seguinte lectura, o cómic "Wolfram" e acordaron verse con el xa lido.