viernes, 17 de enero de 2025

Visita da escritora Antía Yáñez

 A pasada semana visitounos Antía Yáñez, a autora de O misterio de Portomarín e O misterio do torque de Burela. O alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de charlar con ela sobre os seus libros e preguntarlle curiosidades acerca das súas historias e personaxes.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesfarodasluas/node/1296


Reunión Club de Lectura de 3º da ESO sobre “El diario azul de Carlota”

Os membros do club de lectura de 3º ESO reuníronse coa súa coordinadora Lidia para charlar de El diario azul de Carlota, o libro que leron no primeiro trimestre. O libro xira entorno á visualización da violencia machista dende o punto de vista dunha adolescente que exemplifica condutas machistas e menosprezo e ridiculización das mulleres a través de casos cercanos a ela.