martes, 26 de noviembre de 2024

Biblioteca e Equipo de Igualdade no 25N

O Equipo de Biblioteca xunco co Equipo de Igualdade realizou unha exposición para non esquecer o 25N:

Non esquecemos a marea negra do Prestige

Aproveitando que traballamos a contaminación da auga na materia de Bioloxía e Xeoloxía, lembramos o sucedido coa marea negra do Prestige cuns libros que a nosa profesora colleu en préstamo da biblioteca:

lunes, 25 de noviembre de 2024

Aproveitamos para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas” o 25N

Hoxe, luns 25 de Novembro, o alumnado recibiu unha selección de libros sobre a temática ademais a Biblioteca aproveitou para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas”:

Libros “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia” e unha píntega

O venres a nosa profesora achegounos a clase unha píntega a clase e uns libros de biblioteca, “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia”:

martes, 19 de noviembre de 2024

Arrincamos o Club de Lectura de 3º da ESO: entrega de “El diario azul de Carlota”

Arrincamos os nosos Clubs de Lectura da ESO coa entrega de “El diario azul de Carlota” para 3º da ESO, a ver se lles gusta a lectura... parece que a aceptación foi boa, mirade as caras:

lunes, 18 de noviembre de 2024

XV Día da Ciencia en Galego na Biblioteca

Os participantes no Club de Lectura de 1º e 2º da ESO festexaron o XV Día da Ciencia en Galego. Xa que 2024 é o ano galego da Astronomía, comezaron lendo o libro Universo, grazas ao que representaron o Big Bang coa axuda dun globo. A súa profesora Nadia tamén lles leu un fragmento do libro A que cheiran as cores?relacionado coas neuronas e o aprendizaxe. Explicoulles o que significa Serendipia, cun libro que leva ese mesmo título; ensinoulles O libro dos océanos, O libro do clima, o Novo Mundo (e a expedición da vacina),... Parece que temos unha biblioteca ben nutrida en temas científicos!

viernes, 15 de noviembre de 2024

Libro “Guía de anfibios de Galicia” e tritóns

Tamén hoxe, aproveitamos os libros que a nosa profesora nos achegou de biblioteca para, axudarnos a clasificar uns tritóns:

Experimentos sobre as propiedades da aula

Hoxe, o alumnado de 1º da ESO recreou un experimento coa axuda de libros da biblioteca para demostrar 2 propiedades da auga:

domingo, 3 de noviembre de 2024

Samaín

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín. Despois dunha sesión de cine de medo, con películas seleccionadas da nosa Biblioteca, houbo actividades e obradorios para todos. Deixámosvos aquí a ligazón para ver todas as fotos e vídeos: