lunes, 20 de mayo de 2024

Festexamos o día da nosa lingua

A semana mércores, véspera do Día das Letras Galegas, celebramos co alumnado a nosa particular "Festa da lingua". Grazas a varios membros do Equipo de Dinamización Lingüística que tamén pertencen ao Equipo de Biblioteca, o alumnado do centro leu e entendeu o por que se se celebra este día e quen é a persoa à que se lle adica este ano: Luísa Villalta. Ao longo da xornada tiveron tempo para coller adhesivos, lambetadas e versos en galego e, ademais, puideron colorear as súas linguas e sacar fotos nun espello onde recoñecerse como galegofalantes orgullos@s da súa lingua! [Podedes ver nesta ligazón o álbum con todas as fotos da actividade]

viernes, 10 de mayo de 2024

Última reunión do club de lectura de 4º da ESO

No día de hoxe o alumnado de 4º da ESO que pertence ao club de lectura quedou para comentar o cómic en galego de "Mortadelo e Filemón" e para despedirse, pois a proximidade dos exames obriga a parar coa actividade deste grupo que remata no centro cun forte compromiso coa lectura que esperemos que se manteña nas seguintes etapas que lle toque vivir.

viernes, 3 de mayo de 2024

Reunión de 1º da ESO

As alumnas e os alumnos que pertencen ao club de lectura de 1º da ESO quedaron para comentar a lectura feita de "Sonríe" de Raina Telgemeir. En xeral, o cómic gustoulles e algúns animáronse a coller outros títulos da autora dos que se dispoñen na biblioteca. Quedaron que farían unha visita á Casa-Museo de Valle Inclán e unha busca do tesouro sobre dito autor para poñer peche dunha xornada máis lúdica a este primeiro ano como integrantes do club de lectura do IES Faro das Lúas.