miércoles, 24 de abril de 2024

Día do Libro

Onte festexamos o Día do Libro: na Biblioteca Escolar levamos a cabo “A Festa dos Libros” e realizamos un concurso literario para todo o alumnado que quixera participar. Sorte a todos os participantes!
, no Faro das Lúas,

martes, 23 de abril de 2024

Damos clase na Biblioteca Escolar e no patio

Hoxe, parte da clase para entender o que é unha carriza fixémola no patio (no que observamos varias especies de carrizas) e na Biblioteca, na que a nosa profesora tiña prepara da unha lupa binocular e unha guías e atlas de identificación para observar as mostras:

lunes, 22 de abril de 2024

Visita de Manuel Núñez Sígnala

Hoxe o alumnado de 4° tivo a honra de recibir a Manuel Núñez Singala, autor de "Atranco no banco", a divertida comedia que acaban de ler e da que o escritor en persoa lles viu dar máis detalles. O autor lugués é un dos favoritos do público infantil e xuvenil galego, sendo gañador do Premio dos Clubs de Lectura 2023. Na súa páxina web podedes ver todos os seus libros: https://www.singala.eu/

viernes, 12 de abril de 2024

"Terra Alta" no Club de Lectura de Adultos

O pasado Martes 9 de Abril realizamos a primeira reunión do Club de Lectura de Aldultos dete curso 23-24 no que analizamos e avaliamos as nosas respectivas lecturas de Terra Alta, de Javier Cercas. Tamén aproveitamos para escoller a nosa seguinte lectura, que finalmente foi O anxo negro, de Manuel Gago. Grazas novamente a todas e todos por participar!

Reunión 4º da ESO do Club de Lectura

As alumnas e alumnos de 4º da ESO que pertencen ao club de lectura quedaron para comentar o cómic "Wolfram" do que contan que aprenderon moitísimas cousas sobre historia que descoñecían. Colléronlle o gusto á lectura de banda deseñada e quedaron en ler outra tan clásica como o único número en galego da coñecida serie de Ibáñez "Mortadelo e Filemón".

miércoles, 10 de abril de 2024

Reunión club de lectura 2º ESO

O alumnado do club de lectura de 2º da ESO quedou para comentar o libro de "Invisible" de Eloy Moreno que aínda non comentaran porque non todos o tiñan acabado e colleron a súa seguinte lectura, o cómic "Arrugas" de Paco Roca. Quedaron en verse nun mes, aproximadamente, para comentar todos aqueles aspectos que consideren importante da lectura desta obra.

miércoles, 3 de abril de 2024

Torneo de Xadrez Intercentros

O pasado 21 de marzo os nosos veciños do IES A Basella organizaron o 1º Torneo de Xadrez Intercentros. Agradecemos desde aquí o xeneroso acollemento e trasladamos os nosos parabéns a todos os participantes de ambos centros.