martes, 27 de febrero de 2024

Libros e peixes para ver a vejiga natatoria, a liña lateral...

Onte grazas aos libros en préstamo da nosa Biblioteca Escolar e a unha dourada e un rapante que no trouxo a nosa profesora puidemos comprender a anatomía dos peixes: a liña lateral, a vexiga natatoria, as escamas, as diferentes aletas,...

viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía

Hoxe festexamos na Biblioteca o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con versos e agasaios:

jueves, 22 de febrero de 2024

Concurso "Ama coa Lingua"

Outro ano máis no IES Faro das Lúas festexamos San Valentín co concurso "Ama coa Lingua" con tarxetas de San Valentín en lingua galega, castelá, inglesa e francesa:
Moitas grazas a todas/os participantes! E os gañadores son...!

lunes, 12 de febrero de 2024

Entroido 2024

Varios membros do Equipo de Biblioteca tiveron o pracer de colaborar como xurado nos Concursos de Coplas e de Disfraces:
Lembramos os premios aos mellores disfraces e á mellores coplas: Disfraces 1º premio: Poppy Park 2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo 3º Premio: Diploma Coplas 1º premio: Merendola na cafetería 2º Premio: Sesión de cine con flocos de millo 3º Premio: Diploma

viernes, 9 de febrero de 2024

Exposición da selección de libros para San Valentín

Desde o Equipo de Biblioteca realizamos unha selección de libros de temática amorosa para acompañar os festexos de San Valentín: