martes, 26 de noviembre de 2024

Biblioteca e Equipo de Igualdade no 25N

O Equipo de Biblioteca xunco co Equipo de Igualdade realizou unha exposición para non esquecer o 25N:

Non esquecemos a marea negra do Prestige

Aproveitando que traballamos a contaminación da auga na materia de Bioloxía e Xeoloxía, lembramos o sucedido coa marea negra do Prestige cuns libros que a nosa profesora colleu en préstamo da biblioteca:

lunes, 25 de noviembre de 2024

Aproveitamos para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas” o 25N

Hoxe, luns 25 de Novembro, o alumnado recibiu unha selección de libros sobre a temática ademais a Biblioteca aproveitou para presentar a nova adquisición de Biblioteca “Las mujeres que leen son peligrosas”:

Libros “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia” e unha píntega

O venres a nosa profesora achegounos a clase unha píntega a clase e uns libros de biblioteca, “Animalium” e “Guía de anfibios de Galicia”:

martes, 19 de noviembre de 2024

Arrincamos o Club de Lectura de 3º da ESO: entrega de “El diario azul de Carlota”

Arrincamos os nosos Clubs de Lectura da ESO coa entrega de “El diario azul de Carlota” para 3º da ESO, a ver se lles gusta a lectura... parece que a aceptación foi boa, mirade as caras:

lunes, 18 de noviembre de 2024

XV Día da Ciencia en Galego na Biblioteca

Os participantes no Club de Lectura de 1º e 2º da ESO festexaron o XV Día da Ciencia en Galego. Xa que 2024 é o ano galego da Astronomía, comezaron lendo o libro Universo, grazas ao que representaron o Big Bang coa axuda dun globo. A súa profesora Nadia tamén lles leu un fragmento do libro A que cheiran as cores?relacionado coas neuronas e o aprendizaxe. Explicoulles o que significa Serendipia, cun libro que leva ese mesmo título; ensinoulles O libro dos océanos, O libro do clima, o Novo Mundo (e a expedición da vacina),... Parece que temos unha biblioteca ben nutrida en temas científicos!

viernes, 15 de noviembre de 2024

Libro “Guía de anfibios de Galicia” e tritóns

Tamén hoxe, aproveitamos os libros que a nosa profesora nos achegou de biblioteca para, axudarnos a clasificar uns tritóns:

Experimentos sobre as propiedades da aula

Hoxe, o alumnado de 1º da ESO recreou un experimento coa axuda de libros da biblioteca para demostrar 2 propiedades da auga:

domingo, 3 de noviembre de 2024

Samaín

O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín. Despois dunha sesión de cine de medo, con películas seleccionadas da nosa Biblioteca, houbo actividades e obradorios para todos. Deixámosvos aquí a ligazón para ver todas as fotos e vídeos:

lunes, 28 de octubre de 2024

Actividades para Samaín

O vindeiro mércores 30 de outubro durante todo o día, celebraremos o Samaín, unha festividade de orixe celta moi arraigada en Galicia. Haberá actividades variadas e moitos disfraces aterradores. Animamos a todo o alumnado a participar!

viernes, 25 de octubre de 2024

Reunión de "O anxo negro" no Club de Lectura de Adultos

Este martes 22 de Outubro realizamos a derradeira reunión do Club de Lectura de Adultos do curso 23-24, pois en xuño tivemos que adiar dita reunión sobre O anxo negro, de Manuel Gago. Grazas a todas e todos por ter asistido e compartido con nós estes momentos:

Formación dos nosos usuarios

Hoxe xoves 24 de Outubro o noso alumnado de 2º da ESO baixou coa súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Raquel, para realizar a actividade “Coñecemos a nosa a biblioteca”. Mirade como ademais de aprender, desfrutaron: 


jueves, 24 de octubre de 2024

Bibliotecas de Aula

Este ano nas nosas Bibliotecas de Aula, ademais de manuais, dicionarios, libros para a Hora de Ler, selección de libros escollida par ao alumnado de 3º e 4º ESO que esqueza o libro na casa, ... temos como novidade o xornal “La Voz de Galicia” para que a nosa rapazada ademais de ler na Hora de Ler estea pendente da actualidade.

viernes, 18 de octubre de 2024

Unha clase na biblioteca

A clase de hoxe de Reforzo Educativo de Lingua Castelá levouse a cabo na Biblioteca e aproveitamos para ler o xornal deste mércores:

jueves, 17 de octubre de 2024

Libro "Emocionario" na clase de Educación en valores de 3ºESO

 Hoxe, na clase de EVCE (Educación en Valores Éticos e Cívicos), traballamos as emocións e, como as veces non é sinxelo diferenzar determinadas emocións, a nosa profesora subiunos un libro da nosa Biblioteca Escolar que traballa precisamente iso: emocións!


viernes, 4 de octubre de 2024

Libro informativo de experimentos na clase de 1º da ESO

Na clase de Bioloxía e Xeoloxía, o alumnado de 1º ESO, guiado pola súa profesora Nadia, realizou un experimento para poder comprender mellor o proceso de formación da xeosfera, a capa da Terra que están estudando. O experimento traballa con líquidos inmiscibles que, independentemente da orde na que foron botados, se reordenan na columna en base as súas densidades. Deste xeito, sabemos que o líquido verde do fondo é o máis denso, mentres que o queda na capa superior é o que ten menor densidade. 
Para mirar o ben que o pasamos aquí tedes unhas fotos e tamén podedes premer no enlace da nosa páxina web:

lunes, 30 de septiembre de 2024

Hora de Ler

O Equipo de Biblioteca realizou un calendario para realizar 1 hora de lectura á semana de Setembro a Xuño para a lectura compartida en 1º e 2º da ESO e a lectura individual/lectura escollida polo Departamento Didáctico correspondente en 3º e 4º da ESO. Comezamos hoxe luns 30 de Setembro, e quedamos á espera da incorporación da novidade deste ano: o xornal “La Voz de Galicia” para que a nosa rapazada ademais de ler na Hora de Ler estea pendente da actualidade.

jueves, 6 de junio de 2024

Gincana Valle Inclán e visita á Casa Museo de Valle Inclán

O alumnado participante no Club de lectura de 1º da ESO aproveitou este martes pola tarde para facer unha visita guiada á Casa Museo de Valle Inclán para desposi facer unha gincana/roteiro por Vilanova coa temática de Valle Inclán. Desgraciadamente tiveron que postpoñer a gincana para o vindeiro martes, pero deixámosvos as fotos para que vexades como o pasaron na visita: